IGUALDADE

O Concello celebra o Día do Orgullo LGTBI con multitude de actividades

21/06/2017

A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, presentou esta mañá os actos polo día do orgullo LGTBI que se estenderán do 28 de xuño ao 8 de xullo en varios puntos da cidade. Na rolda estiveron Quique Latorre, de Ultreia, e Andrés Domínguez e Daniela Ferrández, de Amizando.

Ler máis

PATRIMONIO

As Cidades Patrimonio da Humanidade promociónanse no mercado británico

21/06/2017

O Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade levou a cabo onte á noite unha campaña de promoción dos seus destinos no mercado británico, en colaboración con Paradores de Turismo. As 15 cidades estiveron representadas pola alcaldesa de Cáceres e presidenta da rede, Elena Nevado, nunha acción comercial que foi organizada por Turespaña a través da súa Oficina Española de Turismo en Londres, e a Embaixada de España na capela do Reino Unido.

Ler máis

MOCIDADE

Cinco espazos de Compostela acollerán o ciclo de "Cine ao aire libre"

21/06/2017

A concelleira de Deporte, Mocidade e Benestar Animal, Noa Morales, deu conta esta mañá dunha nova actividade da concellería de Mocidade froito do proceso de Orzamentos Participativos de 2017. Trátase do "Cine ao aire libre", unha acción presentada polo grupo Scout Chan 292. Na rolda estivo acompañada polos responsables da iniciativa, Laura Morales, Pablo Ávila e Víctor Sanabria.

Ler máis

POLÍTICAS SOCIAIS

Asinados seis novos convenios con entidades sociais por importe próximo a 200.000 euros

21/06/2017

A concelleira de Políticas Sociais, Diversidades e Saúde, Concha Fernández, asinou esta mañá un novo lote de convenios con entidades sociais da cidade. Neste caso foron seis as entidades convocadas: Agadea, Cáritas, Alcer, Cruz Vermella, Escola de Tempo Libre "Don Bosco" e Médicos do Mundo. A contía dos convenios ascendeu a 193.000 euros e con estes son xa medio millón de euros os destinados a apoiar as entidades sociais da cidade.

Ler máis
Compartir: