ALCALDÍA

O Concello e o sector hostaleiro de Santiago poñen en marcha a campaña "Fala baixiño"

24/05/2017

O Concello de Santiago, en colaboración coas principais asociacións do sector hostaleiro, pon en marcha unha campaña para mitigar os ruídos que se producen na rúa en torno aos locais de ocio nocturno e favorecer o descanso da veciñanza. O alcalde, Martiño Noriega, presentou hoxe a iniciativa, que leva por lema "Fala baixiño", e que arranca coincidindo coas festas da Ascensión. Na rolda de prensa tamén participaron o xerente de Hostalería Compostela, Ramón García; a secretaria da sección...

Ler máis

ALCALDÍA

Chévere regresa a Compostela para celebrar o seu trixésimo aniversario

24/05/2017

A compañía Chévere volve a Compostela para celebrar o seu trinta aniversario cunha coprodución co Concello de Santiago. Chévere 3.0 foi presentado hoxe, nun acto celebrado na terraza do Pazo de Bendaña ao que asistiu o alcalde, Martiño Noriega. Este lembrou a traxectoria da compañía, Premio Nacional de Teatro en 2014, e recoñeceu que "a cidade tiña unha débeda pendente con Chévere, polo que o reencontro será un pracer para as dúas partes".

Ler máis

FESTAS

A feira cabalar e os concertos de Myles Sanko e Eladio y los Seres queridos protagonizan o xoves de Ascensión

24/05/2017

O Mercado Nacional de Gando de Santiago (Amio) acolle no día da Ascensión a tradicional feira cabalar, pola que en 2016 pasaron arredor de 20.000 persoas. Ás 10:00 horas é a apertura de inscricións nos concursos morfolóxicos puntuables para a Copa Galicia de Pura raza Galega 2017 e nos concursos de cabalos e eguas cruzados e percheróns. A esta cita acudirá o alcalde de Santiago, Martiño Noriega.

Ler máis

CONSORCIO

O Consorcio e Galaxia publican un libro con dous textos pouco coñecidos de Carlos Casares sobre Compostela

24/05/2017

Baixo o título Santiago de Compostela, a cidade do milagre, o Consorcio de Santiago e a Editorial Galaxia acaban de publicar un libro que reúne dous textos pouco coñecidos de Carlos Casares, homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas. A publicación preséntase esta tarde na Fundación Torrente Ballester, ás 19:30 horas. Ao acto asistiu o alcalde de Santiago e presidente do Consorcio, Martiño Noriega; o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; a xerente do Consorcio, Belén Hernández; o responsable de...

Ler máis
Compartir: