EDUCACIÓN E CIDADANÍA

O Certame de Danza Intercentros leva un ano máis a escena o traballo escolar nesta disciplina

23/05/2017

O concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, presentou, acompañado da profesora de danza Beatriz Viñal, o XII Certame de Danza Intercentros, Compostela en danza, que se celebrará o domingo 28 de maio, ás 19:00 horas, na Sala Ángel Brage do Auditorio de Galicia. Uns 170 bailaríns e bailarinas dos centros de seis centros de ensino participarán nesta edición.

Ler máis

MOCIDADE E FESTAS

Dúas propostas dos orzamentos participativos da área de Mocidade, no programa da Ascensión

23/05/2017

A concelleira de Mocidade presentou hoxe dúas das propostas incluídas na programación da Ascensión, saídas dos orzamentos participativos na área de mocidade. Trátase do Festival de Músicas do Mundo, que se celebrará o xoves 25 na praza do Toural, e do Cancelas Fest, previsto para o venres día 26 no barrio das Cancelas. Noa Morales salientou que "nas festas máis picheleiras ten todo o sentido que sexan os propios composteláns e compostelás os que decidan que programación queren".

Ler máis

IGUALDADE E FACENDA

Santiago de Compostela participará en proxectos europeos por valor de 4,6 millóns de euros

23/05/2017

O Concello de Santiago participará no proxecto Wom@rts: Women’s Equal Share of Presence in the Arts and Creative Industries, da Comisión Europea, cuxo obxectivo é loitar contra a desigualdade de xénero no campo das artes e a cultura. Ademais o Concello vén de obter fondos por valor de 172.000 euros, ao ser aprobado pola UE o proxecto Atlantic Social Lab. Así o anunciaron este martes as concelleiras de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, e de Economía e Facenda, María Rozas.

Ler máis

ALCALDÍA

Martiño Noriega reivindica a "Compostela desexada" no Fórum Europa

23/05/2017

O alcalde participou hoxe no Fórum Europa Tribuna Galicia, organizado por Nueva Economía Fórum no Hostal dos Reis Católicos. Martiño Noriega aproveitou a súa intervención para reivindicar a "Compostela desexada" e para comprometer "o traballo da totalidade do grupo de Goberno para atender os grandes e pequenos retos que ten Santiago".

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

A SELIC programa diversas visitas guiadas a espazos emblemáticos de Compostela

23/05/2017

A praza da Quintana acollerá, do 2 ao 11 de xuño, a primeira Semana do Libro de Compostela, SELIC, impulsada polo Concello de Santiago en colaboración co propio sector. Pero a SELIC é moito máis, con actividades como visitas guiadas para descubrir a noite compostelá, a Alameda, o Museo do Pobo Galego ou a Casa da Troia.

Ler máis
Compartir: