ESPAZOS CIDADÁNS

Jorge Duarte visita Montero Ríos para explicar as claves da humanización da rúa

12/04/2017

O concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade visitou este mércores a rúa de Montero Ríos, para comprobar o estado das obras que se entregarán definitivamente o 25 de abril. Jorge Duarte explicou as claves do proxecto de humanización, "que responde á filosofía de recuperar espazos para a cidadanía e avanzar no calmado de tráfico".

Ler máis

MEDIO AMBIENTE

Máis de 2.700 persoas visitaron o Centro de Interpretación Ambiental ao longo de 2016

12/04/2017

O Centro de Interpretación Ambiental de Compostela, situado en Belvís, recibiu o ano pasado a visita de 2.719 persoas, das que 1.191 formaban parte de visitas escolares. Así se recolle na memoria anual do CIAC, que en 2016 retomou a actividade despois dun ano de parón. O ano pasado, o centro mantivo unha oferta constante, con obradoiros mensuais, roteiros, visitas guiadas e todo tipo de talleres en colaboración con outras entidades e colectivos. Os meses con máis visitas foron xuño e abril, e os de menor actividade foron xaneiro e febreiro.

Ler máis
Compartir: