ALCALDÍA

O alcalde apoia a campaña de micromecenado de biopsia líquida

04/02/2017

O alcalde achegouse esta mañá á Praza de Abastos para visitar un dos puntos informativos instalados na cidade polos voluntarios da campaña de micromecenado de biopsia líquida, con motivo do Día Mundial do Cancro. Martiño Noriega quixo apoiar así ao doutor Rafael López, líder do Grupo de Oncoloxía Médica Traslacional do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago, Oncomet. O alcalde estivo acompañado polo concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro.

Ler máis

ALCALDÍA

Inaugurada a VIII Exposición da Camelia da Rocha

04/02/2017

O alcalde, Martiño Noriega, inaugurou este mediodía a VIII Exposición da Camelia, organizada pola Asociación Cultural Rocha Forte. No acto tamén participou o concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro.

Ler máis
Compartir: