MEDIO AMBIENTE

O CIAC organiza en febreiro un obradoiro de compostaxe e un roteiro por Belvís

01/02/2017

O Centro de Interpretación Ambiental de Compostela (CIAC), situado en Belvís, organiza neste mes de febreiro dúas actividades: un obradoiro de compostaxe doméstica e un roteiro polo parque de Belvís. A inscrición nestas actividades, ambas de balde, pode realizarse a través do teléfono 981 543 145 ou da dirección de correo electrónico ciac@santiagodecompostela.gal.

Ler máis

ALCALDÍA

O alcalde agradece o apoio do ministro de Fomento á proposta de darlle ao aeroporto o nome de Rosalía de Castro

01/02/2017

O alcalde mostrou hoxe a súa satisfacción polo apoio do ministro de Fomento ao cambio de denominación do aeroporto de Santiago, apoio expresado na reunión que Íñigo de la Serna mantivo onte co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo. Este respaldo é fundamental para que a terminal acabe levando o nome de Rosalía de Castro, porque é Fomento quen ten a competencia sobre os aeroportos.

Ler máis

EDUCACIÓN E CIDADANÍA

Reunida a Comisión Tripartita para analizar a prestación do servizo de comedor escolar

01/02/2017

O concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, reuniu esta mañá ás Anpas e á empresa encargada do servizo de comedor escolar no Concello de Santiago, Serunion, para avaliar a prestación do servizo e recoller suxestións e melloras para conseguir unha maior calidade. Na xuntanza de hoxe comprobouse que se está cumprindo escrupulosamente o prego.

Ler máis

CONVIVENCIA

Activado un operativo especial ante as previsións de fortes chuvias

01/02/2017

O Concello de Santiago ten activado un operativo especial para facer fronte a calquera incidencia que se produza por mor do mal tempo que se prevé para as vindeiras horas. Neste dispositivo participan Bombeiros, Policía Local e Protección Civil, así como as empresas concesionarias dos distintos servizos afectados.

Ler máis

MEDIO AMBIENTE

O Concello insiste ante Medio Ambiente na necesidade da construción da EDAR

01/02/2017

O concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, mantivo esta mañá en Madrid unha reunión coa directora xeral da Auga do Ministerio de Agricultura, Liana Ardiles López. Foi unha xuntanza solicitada polo Concello co obxectivo de coñecer os prazos que manexa o Goberno central para a construción da nova estación depuradora de augas residuais, e para lembrar a urxencia desta infraestrutura.

Ler máis
Compartir: