ALCALDÍA

Martiño Noriega recibiu o peregrino 300.000

14/12/2017

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibiu a Andrew Larkin, un mozo estadounidense, que se converteu no peregrino 300.000 de 2017, cifra que supón un récord histórico para o Camiño. No acto tamén participaron a concelleira de Turismo, Marta Lois, e o deán da Catedral, Segundo Pérez.

Ler máis

TURISMO E ACCIÓN CULTURAL

Arranca a sexta edición do Mercado da Estrela

14/12/2017

O Mercado da Estrela arranca mañá venres e permanecerá aberto ata o domingo 17. O evento, polo que en 2016 pasaron 10.000 persoas, chega a esta sexta edición convertido nun festival urbano de inverno gratuíto para visibilizar o talento das persoas creadoras, artistas, artesáns, produtoras e emprendedoras de Galicia.

Ler máis

ALCALDÍA

O alcalde recolle as demandas da Asociación Empresarial do Tambre

14/12/2017

O alcalde mantivo hoxe unha xuntanza coa Asociación Empresarial do Polígono do Tambre, para recoller as demandas da principal área industrial da cidade. Xunto con Martiño Noriega, na reunión participaron o concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade, Jorge Duarte, e a concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois.

Ler máis

EDUCACIÓN E CIDADANÍA

"CuntiStar", "Proxecto internivel e interetapa de Mitoloxía dende a biblioteca" e "Auga doce" gañan o X premio Educacompostela

14/12/2017

O Xurado dos Premios Educacompostela xa decidiu quen son os gañadores da décima edición deste certame, convocado polo Concello de Santiago en colaboración co Movemento de Renovación Pedagóxica Nova Escola Galega, para recoñecer, promover, premiar e difundir publicamente aqueles materiais educativos que polo seu valor e interese poidan contribuír ao desenvolvemento educativo de Galicia, favorecendo a innovación, a calidade na educación e a renovación pedagóxica.

Ler máis
Compartir: