CONSORCIO

O fagotista arxentino Eduardo Sirtori impartirá clases a músicos galegos

03/11/2017

A Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM), con sede en Santiago de Compostela, dispón dun programa de formación permanente dirixido a intérpretes noveis. No marco deste proxecto, ofrécese a posibilidade de asistir ao longo do ano a unha serie de clases maxistrais que imparten solistas de recoñecido prestixio internacional. Este mes contarase coa presenza do aclamado fagotista arxentino Eduardo Sirtori. Xunto aos alumnos e alumnas da Escola, tamén poden asistir músicos/as externos ao centro.

Ler máis

POLÍTICAS SOCIAIS

Profesionais de toda a Península reúnense en Santiago de Compostela para abordar a situación das persoas sen fogar

03/11/2017

A concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, presentou esta mañá en rolda de prensa a II Xornada sobre a situación das persoas sen fogar en Compostela: Recursos Específicos, que se celebrará o vindeiro venres, 10 de novembro, no Auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación de Santiago de Compostela (avenida de Castelao s/n, Campus Norte). A xornada está organizada pola Concellaría de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde e participada pola Mesa de Traballo para o estudo da...

Ler máis

EDUCACIÓN E CIDADANÍA

Un simposio abordará o papel da ilustración no fomento da lectura os días 8 e 9 de novembro

03/11/2017

O concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, e o presidente da Asociación Galega de Editores (AGE), Xosé Ballesteros, presentaron o XIV Simposio O libro e a lectura. O libro ilustrado: outra forma de ler?. O encontro celebrarase entre os días 8 e 9 de novembro na Sede Afundación de Santiago. Contará coa intervención de Joan Fontcuberta, teórico da comunicación; Ana Garralón, crítica literaria, ou Teresa Durán, escritora e ilustradora, que impartirán senllas conferencias....

Ler máis

XUNTA DE GOBERNO

O Goberno prorroga o gran contrato de mantemento ata novembro de 2018

03/11/2017

A Xunta de Goberno acordou este venres prorrogar o contrato do Servizo de conservación, mantemento e reparación de pavimentos nos viarios municipais de Compostela, excluído o recinto intramuros. Esa prórroga é por un ano de duración, a contar dende o 10 de novembro de 2017.

Ler máis
Compartir: