PATRIMONIO

As cidades Patrimonio da Humanidade debateron en Alemaña sobre novas vías de conservación e promoción

09/10/2017

O Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade, entre as que está Santiago de Compostela, participou no III Encontro Europeo de Asociacións de Patrimonio Mundial, celebrado en Lübeck (Alemaña). A este evento sumáronse cen representantes de asociacións e bens do Patrimonio Mundial chegadas de 15 países. A organización do Encontro correu a cargo da Asociación Alemana de Bens Patrimonio Mundial, o Comité Alemán da Unesco e o Concello de Lübeck.

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

Novo curso para a Escola de Música Popular Avanzada de aCentral Folque

09/10/2017

O proxecto docente co que naceu aCentral Folque hai máis de quince anos (daquela baixo o nome de Conservatorio de Música Tradicional e Folque) abre un ano máis as súas aulas. Agora denominado Escola de Música Popular e Avanzada (EMPA), ofrece un lugar para a aprendizaxe, a práctica e a relación arredor da música de raíz galega cun enfoque contemporáneo e aberto. A concelleira de Acción Cultural, Branca Nonoveyra presentou esta mañá na Casa do Concello o programa do novo curso en compaña de Marcos...

Ler máis

ADMINISTRACIÓN

O Concello aproba dez novas prazas da oferta de emprego público de 2016

09/10/2017

O Concello de Santiago vén de aprobar recentemente as bases para oferta de emprego por oposición libre de persoal administrativo e persoal para o servizo de extinción de incendios. Nos próximos días serán publicadas no BOP e o prazo de presentación de instancias será de 20 días naturais dende o día seguinte a súa publicación.

Ler máis

MOCIDADE

Os grupos musicais de Compostela contarán con novos locais de ensaio no Centro Xove da Almáciga

09/10/2017

A concelleira de Mocidade, Noa Morales, presentou as obras para a habilitación de locais de ensaio no Centro Xove da Almáciga. O obxectivo destes traballos, que xa comezaron hai uns días, é ofrecer un lugar de ensaio de calidade para as bandas e grupos de Santiago, que actualmente ensaian nas instalacións do Estadio de San Lázaro. Prevese que os novos espazos estean listos nun mes e medio.

Ler máis

TURISMO

Santiago viviu no 2017 a mellor temporada baixa dende o Ano Santo 2010

09/10/2017

O Auditorio de Galicia acolleu unha nova xuntanza do renovado Consello Municipal de Turismo. Na orde do día tratáronse tres puntos destacados: análise dos principais resultados turísticos do 2017, presentación das principais liñas de traballo para a elaboración do Plan Estratéxico de Turismo 2017-2022, e presentación por parte do catedrático Luis Caramés do seu informe sobre a Taxa Turística.

Ler máis

CONSORCIO

A Real Filharmonía de Galicia ofrece esta semana dous concertos dedicados á música española

09/10/2017

A Real Filharmonía de Galicia ofrecerá esta semana dous concertos. O primeiro celebrarase mañá martes no Teatro Afundación de Vigo, ás 20:30 horas. E o mércores, tamén ás 20:30 horas, a orquestra tocará en Santiago, na súa sede, o Auditorio de Galicia. A batuta de ámbolos dous concertos levaraa o mestre compostelán Maximino Zumalave, director asociado da agrupación.

Ler máis
Compartir: