POLÍTICAS SOCIAIS

Ategal comeza o novo curso de formación para adultos

20/10/2017

A concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, participou na inauguración do curso 2017-2018 da Asociación Cultural Galega de Formación Permanente para Adultos (Ategal). No acto tamén interviñeron Miguel Ángel Valero Duboy, director do Ceapat (Centro Estatal de Autonomía Personal y Ayudas Técnicas) do Imserso; Ángel Fagilde, presidente de Ategal, e Rafael Romero, presidente honorífico da asociación. A cerimonia serviu de avance das actividades de celebración dos 40 anos de Ategal en...

Ler máis

ESPAZOS CIDADÁNS

Arranca o Smarter Together cun obradoiro de co-creación da imaxe gráfica da campaña

20/10/2017

O Centro de Interpretación de Parques e Xardíns de Belvís acolleu esta maña a primeira actividade colaborativa do programa europeo Smarter Together, no que Santiago participa como cidade convidada e seguidora xunto con Venecia e Sofía. O proxecto está liderado polas chamadas "cidades faro": Lyon, Munich e Viena, que será onde se poñan en marcha ao longo de cinco anos as accións financiadas con 29 millóns de euros de fondos europeos do programa Horizon 2020.

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

Cineuropa abre a convocatoria para elixir o seu Xurado Novo

20/10/2017

Logo de 30 anos de cinema en Santiago, o festival Cineuropa chega un ano máis á cidade e faino con algunhas novidades. Entre as destacadas, figura a selección dun Xurado Novo que comporán mozos e mozas de entre 18 e 25 anos. A organización do festival vén de abrir hoxe a convocatoria para seleccionar as persoas integrantes e admite candidaturas ata o 30 de outubro.

Ler máis
Compartir: