EDUCACIÓN

As escolas infantís municipais celebraron o Día Escolar da Paz cun encontro en Salgueiriños

30/01/2017

As Escolas Infantís Municipais celebraron de xeito conxunto o Día Escolar da Non Violencia e a Paz, cun encontro no centro de Meixonfrío-Salgueiriños. A actividade, na que participaron o alcalde e o concelleiro de Educación e Cidadanía, serviu para poñer en valor o traballo que se desenvolve ao longo de todo o ano nas escolas de Conxo, As Fontiñas e Meixonfrío-Salgueiriños en torno aos principios da paz, a cooperación e a solidariedade na procura dun clima de harmonía, convivencia e respecto entre iguais.

Ler máis
Compartir: