POLITICAS SOCIAIS

O Concello de Santiago e Cruz Vermella asinan dous convenios para o desenvolvemento do SEMUS, e dos programas de teleasistencia e atención a persoas sen fogar

03/08/2021

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo; e o presidente de Cruz Vermella Santiago, José Luís Barreiro Conde, asinaron hoxe dous convenios de colaboración para o desenvolvemento, durante o ano 2021, do SEMUS, o Servizo Municipal de Urxencias Sociais, e dos programas de teleasistencia e atención a persoas sen fogar; por un importe total de 185.000 euros.

Ler máis

XUNTA DE GOBERNO

A Xunta de Goberno Local aproba a adxudicación de tres obras, entre elas a reurbanización da rúa do Hórreo, por un importe de case 900.000 euros

03/08/2021

A Xunta de Goberno Local, reunida en sesión extraordinaria, aprobou hoxe a adxudicación de tres obras por un importe, IVE incluído, de 897.119,34 euros. Son a reurbanización da rúa do Hórreo fronte á estación intermodal; o proxecto de rexeneración do pavimento da Av. de Asturias e o acondicionamento da praza de acceso ao campo e fútbol de Santa Isabel. Tamén se acordou a posta a disposición da Consellería de Cultura da subparcela 1327 de concentración de Sabugueira para a realización de...

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

O festival Feito a Man volve animar con música as prazas e terrazas da zona vella de Compostela

03/08/2021

A xa clásica cita estival coa música ao vivo en Compostela, o Feito a Man, regresa esta edición ás prazas e terrazas dos locais da zona vella de Santiago. O festival presentouno esta mañá en Raxoi a concelleira de Cidade Histórica e Acción Cultural, Mercedes Rosón, que estivo acompañada pola deputada provincial Milagros Castro Sánchez, en presentación da Deputación da Coruña, xunto ao presidente da Asociación Cultural Cidade Vella, Suso Pais, e a directora do festival, Ánxela Porto.

Ler máis
Compartir: