TURISMO

O INE confirma a recuperación turística de Santiago cun récord de turistas españois

25/08/2021

Os establecementos hoteleiros da cidade alcanzaron no pasado mes de xullo o seu máximo histórico de pernoctacións de turistas españois, con 108.273, segundo os datos publicados polo Instituto Nacional de Estadística (INE). En ningún mes de xullo precedente se conseguira superar a cifra de 100.000 pernoctacións. O anterior máximo marcouse en xullo Ano Santo 2010, con 94.157 pernoctacións.

Ler máis
Compartir: