ACCIÓN CULTURAL

A Real Filharmonía de Galicia estreará o 10 de novembro a ópera galega contemporánea "A amnesia de Clío", de Fernando Buíde

29/10/2019

A Real Filharmonía de Galicia vai estrear a ópera galega A amnesia de Clío, do compositor Fernando Buíde e texto do dramaturgo Fernando Epelde, a primeira grande ópera do século XXI en Galicia. Será o 10 de novembro no Auditorio de Galicia, en Santiago, ás 20:30 horas, onde se utilizará o foso do Auditorio e con todas as entradas xa vendidas. Representarase de novo o día 12 no Teatro Colón da Coruña e -en versión concerto- o 14 no Auditorio Municipal de Ourense (ambos ás 20:30 horas).

Ler máis

TURISMO

Santiago acolle a reunión de lanzamento do proxecto europeo Bodah

29/10/2019

O concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte, inaugurou no Auditorio de Galicia a primeira reunión do Big e Open Data para o desenvolvemento de novos procesos cara a xestión do patrimonio atlántico (Bodah), proxecto europeo liderado por Turismo de Santiago no que participan oito entidades de España, Portugal, Francia, Irlanda, Escocia e Gales.

Ler máis

TURISMO

Promoción das Cidades Patrimonio da Humanidade en Estados Unidos

29/10/2019

Unha delegación do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade, encabezada polo presidente do Grupo e alcalde de Ibiza/ Eivissa, Rafa Ruiz, e o vicepresidente e alcalde de Mérida, Antonio Rodríguez Osuna, desenvolven en Estados Unidos unha campaña de promoción internacional dos atractivos turísticos, culturais e patrimoniais das 15 cidades españolas que contan co recoñecemento de Patrimonio Mundial da Unesco.

Ler máis

PARQUES E XARDÍNS

O Centro de Interpretación de Parques e Xardíns programa novas xornadas de biodiversidade espontánea

29/10/2019

O Centro de Interpretación de Parques e Xardíns (CIPX) desenvolve dende hai máis de dez anos un interesante programa de actividades de sensibilización ambiental para os centros educativos, así como charlas, xornadas, exposicións e obradoiros para toda a cidadanía. Nesta ocasión, durante todo o curso escolar 2019-2020, realizará co alumnado xornadas sobre a biodiversidade espontánea, nas que se porá en valor a importancia dos espazos residuais e a terceira paisaxe na biodiversidade da nosa cidade.

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

A mostra "Invisible Wom@rts" presenta no Auditorio de Galicia as creacións de 32 artistas europeas

29/10/2019

Do 30 de outubro ao 15 de decembro, a Sala Isaac Díaz Pardo do Auditorio de Galicia convértese en sede da exposición itinerante do proxecto europeo Wom@rts. Tras o seu paso por Maribor (Eslovenia) e Vilnius (Lituania), a mostra Invisible Wom@rts arriba a Compostela para presentar os traballos de 32 artistas europeas que dialogan sobre O segundo sexo, de Simone de Beauvoir, no 70 aniversario da súa publicación.

Ler máis
Compartir: