XUNTA DE GOBERNO

A Xunta de goberno local aproba a convalidación da solicitude de subvención para o obradoiro de emprego "Santiago sustentable III"

22/03/2021

A Xunta de goberno Local, reunida en sesión ordinaria, acordou convalidar a solicitude de subvención para o proxecto de obradoiro de emprego "Santiago sustentable III", formulada ao abeiro da "Convocatoria das axudas e subvencións para os programas de emprego dirixidos a persoas mozas incluídas no ficheiro de garantía xuvenil". Tamén se deu luz verde ao compromiso de gasto correspondente ao concello, que ascende a 32.570,04 euros divididos en dúas anualidades: 10.000 euros en 2021 e 22.570,04 en 2022.

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL E TURISMO

Santiago acolle esta semana unhas xornadas arredor dos arquivos sonoros e a tradición contemporánea

22/03/2021

Esta mañá presentouse no Concello de Santiago o programa das xornadas "O QUE NON SE ESCRIBE. ARQUIVOS SONOROS E CREACIÓN CONTEMPORÁNEA", que propón entre o mércores e o sábado desta semana distintas actividades de aprendizaxe e experimentación sobre o noso patrimonio sonoro. Na presentación participaron Mercedes Rosón, concelleira de Acción Cultural; Sindo Guinarte, concelleiro de Turismo; Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística; e Aitana Cuétara,...

Ler máis

TURISMO

Turismo de Santiago promociona a cidade no mercado neerlandés

22/03/2021

Turismo de Santiago participa nunha acción de promoción específica para o mercado neerlandés organizada pola Oficina Española de Turismo da Haia e o Grupo Cidades Patrimonio da Humanidade. A acción consiste en dúas xornadas por Internet con público especializado.

Ler máis

DEPORTES

A V Gala do Deporte celebra os éxitos dos e das deportistas de Compostela

22/03/2021

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, presidiu a V Gala do Deporte de Santiago "Premios Santiago Deporte 2020", celebrada no Auditorio de Galicia. Na mesma entregáronse 12 premios en distintas categorías co obxectivo pór en valor o deporte feito en Compostela.A concelleira de Deportes, Esther Pedrosa, e os membros do comité avaliador tamén asistiron á gala, que se retransmitiu vía streaming a través da canle de YouTube do Concello para cumprir co aforo sinalado polas medidas anticovid vixentes.

Ler máis

URBANISMO

O alcalde confirma que a Xunta acaba de seleccionar a parcela da rúa de Londres para construir a sede do Imelga

22/03/2021

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, acaba de confirmar, xusto despois da xuntanza mantida cunha representación da plataforma veciñal en defensa do parque Begoña Caamaño, que a parcela na que se construirá a sede do Imelga é a situada na rúa de Londres, ao lado da rotonda. O concello puxera a disposición da Xunta tres terreos de titularidade municipal: un a carón do parque, outro na rúa de Berlín, e o da rúa de Londres.

Ler máis
Compartir: