IGUALDADE

O parladoiro ‘Pensar o feminismo’ será un dos pratos fortes das xornadas Artellando Feminismo

10/03/2021

Dentro do marco da celebración do 8-M, Día Internacional da Muller, o xoves 11 de marzo, ás 18.30h, celebrarase unha mesa redonda en liña con personalidades de referencia a nivel estatal que reflexiona sobre o papel do feminismo en época da covid-19 e reivindica a representación feminina en todos os ámbitos da sociedade política, económica, científica e cultural. A charla, incluída no programa Artellando feminismo organizado pola Concellería de Igualdade do Concello de Santiago, contará coa...

Ler máis

CONVENIOS

A Deputación da Coruña achega 200.000 para o financiamento de actividades no Centro Sociocultural do Ensanche e nos do rural

10/03/2021

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, asinaron os convenios de colaboración en virtude dos cales a institución provincial achega 120.000 euros para cofinanciar o sostemento do Centro Sociocultural e Xuvenil do Ensanche e 80.000 para o programa de actividades dos centros socioculturais do ámbito rural durante o ano 2020.

Ler máis

DEPORTES

O pavillón municipal de Santa Isabel acollerá este vindeiro sábado 13 de marzo a Copa de Galicia de Loitas Olímpicas e os campionatos galegos de Grappling

10/03/2021

A Federación Galega de Loita en colaboración co Club de Loita Stellae e o Concello de Santiago de Compostela organizarán este sábado a I Copa de Galicia de Loita Libre Olímpica, Loita Feminina e Grecorromana, que se desenvolverá en xornada de mañá, e o Campionato Galego de Grappling masculino e feminino, en xornada de tarde. En total, ambos eventos contarán con arredor de 180 participantes.

Ler máis
Compartir: