XUNTA DE GOBERNO

Unhas 750 familias xa se benefician do uso do tícket especial de compra nos supermercados da cidade

13/04/2020

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, deu conta este luns dos asuntos tratados na sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local. Unha das cuestións abordadas foi un informe de situación dos Servizos Sociais en canto ao funcionamento do programa de tícket especial de compra, que permite ás familias máis necesitadas a adquisición de alimentos e produtos de hixiene básicos en hipermercados e supermercados da cidade. A día de hoxe, son unhas 750 familias as que fan uso deste bono de compra.

Ler máis
Compartir: