COMERCIO

O Concello pon en marcha a campaña de promoción do comercio de proximidade "Este nadal agasalla deseño"

12/12/2020

O departamento de Comercio do Concello de Santiago de Compostela, en colaboración coa Asociación Ourives de Compostela, dada a sigularidade da Ourivaría co seu lugar destacado na historia da cidade, pon en marcha a partir de hoxe e ata o 5 de xaneiro, a campaña "Este Nadal regala deseño" co obxetivo de fomentar as compras no comercio de proximidade. O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, presentou a campaña esta mañá acompañado do presidente de Ourives de Compostela, Arturo Ouro.

Ler máis
Compartir: