ALCALDÍA

O alcalde agarda que en setembro de 2020 estean operativas a estación de buses, a pasarela e os accesos á intermodal

02/09/2019

O alcalde de Santiago expresou a súa "satisfacción" pola marcha das obras da estación de autobuses, durante a visita que realizou aos traballos neste equipamento coa conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez. Xosé Sánchez Bugallo fixou como obxectivo que tanto as obras da estación de autobuses, como as da pasarela de conexión coa estación ferroviaria e os accesos dende a avenida de Clara Campoamor estean rematadas o 1 de agosto de 2020 e operativas en setembro dese ano.

Ler máis

IGUALDADE

Os nenos e nenas do programa "Verán CampUSC" visitaron o Concello

02/09/2019

A concelleira de Educación, Mocidade, Igualdade e Políticas Lingüísticas, Noa Díaz, recibiu os nenos e nenas que participan na última quenda da edición de 2019 do Verán CampUSC, xunto cos voceiros de Compostela Aberta, Martiño Noriega; do BNG, Goretti Sanmartín; e o concelleiro do grupo municipal popular Alejandro Sánchez-Brunete.

Ler máis
Compartir: