EDUCACIÓN

Noa Díaz visitou os nenos e nenas que participan no Programa Municipal de Conciliación de Verán

09/07/2019

A concelleira de Educación, Noa Díaz, visitou esta mañá no CEIP Monte dos Postes os/as participantes no Programa Municipal de Conciliación "Escolas de Verán 2019". Son un total de 215 nenos e nenas, repartidos entre este centro e o CEIP Vite I. Díaz sinalou que "é importante que o Concello favoreza actividades de este tipo porque axudan na conciliación laboral, persoal e familiar".

Ler máis

CONSORCIO

O Consorcio presenta "Imaxinando Compostela", o proxecto expositivo que se desenvolverá entre 2019 e 2021 co fenómeno xacobeo como fío condutor

09/07/2019

O Consorcio de Santiago deseñou o proxecto Imaxinando Compostela, unha serie de exposicións que se desenvolverán en diversos puntos da cidade no período 2019-2021 e vinculadas ao Xacobeo 2021. Esta proposta cultural tomará forma tanto en espazos interiores como exteriores emblemáticos da cidade, respondendo á función social da arte.

Ler máis
Compartir: