ALCALDÍA E TURISMO

Vueling basea o seu segundo avión en Compostela e incrementa frecuencias con Barcelona

06/02/2019

O salón vermello do Pazo de Raxoi acolleu hoxe a presentación das rutas de Vueling para o ano 2019, que inclúe o crecemento da súa base no aeroporto de Santiago coa incorporación dun segundo avión. Na presentación estiveron o alcalde e a concelleira de Turismo, Martiño Noriega e Marta Lois; así como o director de rutas de Vueling, Manuel Ambriz, e o director do aeroporto compostelán, Ricardo López.

Ler máis

ALCALDÍA

Compostela acolle o II Congreso Mundial de Educación "EDUCA 2019"

06/02/2019

Santiago será escenario, dos días 21 a 23 de febreiro, do II Congreso Mundial de Educación "EDUCA 2019, que organizan a plataforma Mundo Educa e a asociación de Mestres Innovadores e Alumnos Competentes, MIAC; en colaboración coas tres universidades galegas. A tenenta de alcalde, María Rozas, presentou hoxe o evento, que reunirá na Cidade da Cultura a expertos/as chegados/as de toda España e de países como Inglaterra, Estados Unidos ou Arxentina.

Ler máis

POLÍTICAS SOCIAIS

Os concellos Santiago e Ames presentan unha nova edición do programa Vives Emprega

06/02/2019

Esta mañá, o edificio Cersia acolleu a presentación dunha nova edición do programa Vives Emprega, na que estiveron presentes a concelleira de Políticas Sociais de Santiago, Concha Fernández; a concelleira de Servizos Sociais e Igualdade de Ames, Luísa Feijóo, e a responsable de oficinas de Acción Social contra a Fame en Galicia, Asturias, Castela-A Mancha e Madrid, Laia García. A finalidade desta iniciativa é facilitar a inclusión sociolaboral de persoas que atravesan unha situación de...

Ler máis
Compartir: