TURISMO E CULTURA

O Grupo de Cidades Patrimonio lanza novo material promocional en todo o mundo en colaboración con Turespaña

26/02/2019

As Comisións de Turismo e Cultura do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España reuníronse en Madrid para impulsar as novas accións que se van a levar a cabo ata o mes de xuño, entre as que destacan a edición dun novo folleto de promoción turística das cidades, en colaboración con Turespaña; a presentación das Cidades do Grupo no mercado chinés, a posta en marcha da segunda fase do Observatorio de Turismo ou a potenciación do Festival Escena Patrimonio, un evento cultural pioneiro en...

Ler máis

ALCALDÍA

Satisfacción no Concello tras confirmarse que Santiago terá un novo xulgado do Social

26/02/2019

O alcalde de Santiago expresou hoxe a súa satisfacción "do conxunto da Corporación municipal, tras coñecerse que finalmente o Goberno do Estado dotará a Santiago dun novo xulgado do Social, en contra do que se tiña anunciado a semana pasada". Martiño Noriega mostrouse convencido de que "o cambio de criterio do Ministerio de Xustiza ten que ver coa resposta unánime da cidade diante dunha decisión que resultaba inexplicable".

Ler máis

MEDIO AMBIENTE

O Concello lidera un proxecto innovador para a redución de emisións contaminantes no que colaboran Televés e a USC

26/02/2019

Converter Santiago nunha cidade máis verde, nun proceso tecnolóxico que estea liderado pola propia cidadanía. Ese é o obxectivo de GREeNs, un proxecto que o Concello vén de presentar á última convocatoria europea de Accións Urbanas Innovadoras en colaboración coa Universidade de Santiago e con empresas vinculadas con Compostela como Galuresa ou Televés.

Ler máis

PERSOAL

Santiago de Compostela convértese no primeiro concello galego que regula a carreira profesional do persoal municipal

26/02/2019

O Salón Verde acolleu esta mañá a sinatura do acordo entre o alcalde de Santiago, Martiño Noriega; a concelleira de Economía e Facenda, María Rozas, e as centrais sindicais CIG, CCOO e CSIF, e o comité de empresa do Concello de Santiago, que supón continuar incorporando melloras nos dereitos do persoal municipal. Tal e como indicou María Rozas, trátase dun acordo que "ten orixe nunha proposta presentada por diferentes centrais sindicais e polo comité de empresa, sobre a que levamos meses negociando, modificando...

Ler máis

CONSORCIO

O 25 de marzo remata o prazo para solicitar as axudas destinadas a mellorar o mantemento exterior e a eficiencia enerxética dos inmobles da cidade histórica

26/02/2019

O Consorcio de Santiago ten en marcha unha nova convocatoria do programa Ter é manter, dirixido ao mantemento e mellora da eficiencia enerxética da envolvente exterior dos edificios da cidade histórica de Santiago, por un importe global de 150.000 euros. O prazo para solicitar estas axudas remata o vindeiro 25 de marzo.

Ler máis
Compartir: