EDUCACIÓN E CIDADANÍA

O Concello destina máis de 300.000 euros ao mantemento dos centros escolares durante o verán

05/06/2018

O concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, deu conta hoxe das actuacións en materia de mantemento que o Concello levará a cabo durante este verán en todos os centros públicos de Santiago e que ascenden a 313.357 euros. Trátase de arranxos demandados polos equipos directivos dos centros, tras trasladarllo ao departamento que dirixe Manuel Dios.

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

Preséntanse a colección "Liñas Paralelas", a segunda entrega dos libros da SELIC

05/06/2018

A concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, presentou esta mañá en rolda de prensa a colección de contos Liñas Paralelas, que este ano pasa a engrosar o catálogo de publicacións editadas baixo o selo SELIC. Fíxoo na compaña do escritor, actor e tradutor Pepe Sendón, responsable da iniciativa de espallamento literario da que a colección toma o seu nome.

Ler máis

MEDIO AMBIENTE

Santiago acolle unha xuntanza de traballo do Smarter Together

05/06/2018

O proxecto europeo Smarter Together, do que forma parte Santiago como cidade seguidora, celebra hoxe e mañá en Compostela unhas xornadas de traballo para analizar as actuacións que se veñen desenvolvendo nos últimos meses. Os/as participantes na xuntanza foron recibidos/as este mediodía no Pazo de Raxoi.

Ler máis
Compartir: