ACCIÓN CULTURAL

A cidade celebrará o Día da Danza con espectáculos, concertos e obradoiros

23/04/2018

A concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, presentou este luns o catálogo de actividades coas que o Concello de Santiago celebrará o Día Internacional da Danza. Dous obradoiros e cinco espectáculos que se ofrecerán do 26 de abril ao 5 de maio no Teatro Principal, o Auditorio de Galicia e o Centro Xove da Almáciga. Na rolda de prensa participaron tamén responsables das entidades e asociacións que colaboran neste programa de actividades, como o director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil; o...

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

Continúan os obradoiros de empoderamento das mulleres do rural con novas sesións nas parroquias de Laraño, Lavacolla e Grixoa

23/04/2018

O vindeiro mércores, 25 de abril, comezan novas quendas do programa para mellorar o benestar individual e colectivo das mulleres do rural, cunha sesión no Centro Sociocultural de Laraño de 18:00 a 19:30 horas. O venres tamén arrincarán na parroquia de Lavacolla, co mesmo horario, e o sábado farano en Grixoa, en horario de 17:00 a 18:30 horas. Os obradoiros rematarán a mediados do mes de abril.

Ler máis
Compartir: