ESPAZOS CIDADÁNS

O proxecto "A miña cidade intelixente" chega a Santiago de Compostela

19/07/2017

Este mércores chegou á praza do Obradoiro o vehículo eléctrico co que o proxecto A miña cidade intelixente está percorrendo todo o Estado, impulsado pola Rede Española de Cidades Intelixentes á que pertence Compostela. O concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade, Jorge Duarte, foi o encargado de recibir a Eduardo Bustillo e Pablo Rodríguez, os dous xeólogos e socios de GEOCyL que van percorrer 82 cidades de todo o Estado co obxectivo de analizar e divulgar as iniciativas...

Ler máis

IGUALDADE E FESTAS

De Vacas tocará coa brasileira Maria Gadú no Territorio das Mulleres

19/07/2017

A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, presentou esta mañá o concerto que o grupo galego De Vacas e a brasileira Maria Gadú darán o sábado na cidade con motivo das festas do Apóstolo. O concerto enmárcase dentro do programa Territorio das mulleres. Na rolda estivo acompañada por Inés Salvado e Guillerme Fernández, integrantes do grupo.

Ler máis

FESTAS

As festas do Apóstolo volven reservar unha noite para as bandas galegas

19/07/2017

Por terceiro ano consecutivo, a programación das festas do Apóstolo reserva unha noite para que a praza da Quintana se encha de música feita en Galicia. Será o 25 de xullo, cando cinco bandas galegas volverán xuntarse nese escenario. O alcalde, Martiño Noriega, presentou hoxe o concerto, nunha rolda de prensa na que estivo acompañado por representantes de tres dos grupos que van pasar pola Quintana: Anxela Baltar, de Bala; Guillermo Zapata, de Bifannah; e Pablo, de Comando Katana.

Ler máis

FESTAS

Chévere conclúe a revisión dos seus 30 anos de historia cunha despedida por todo o alto na praza da Quintana

19/07/2017

Como colofón do maratón escénico co que conmemora trinta anos de traballo nas táboas, Chévere devolve a Santiago a representación de Ultranoite no país dos ananos, a única das obras do ciclo que non puidera ser vista na cidade. Ás 23:00 horas, a compañía desembarca na Quintana cun cabaré nihilista que bebe das obras de Celso Emilio Ferreiro e Jonathan Swift para propor un percorrido satírico polo corredor atlántico.

Ler máis

ALCALDÍA

O Concello reclama a nulidade da hipoteca da entreplanta municipal do inmoble de Xeneral Pardiñas asinada no 2008

19/07/2017

O alcalde compareceu hoxe en rolda de prensa para explicar a situación na que se atopa a entreplanta da rúa de Xeneral Pardiñas que o Concello de Santiago debe recibir libre de cargas segundo unha permuta asinada no ano 2005, e que sen embargo está gravada desde 2008 cunha hipoteca de 890.000 euros. Martiño Noriega explicou que o goberno actual solicitou xa a nulidade do procedemento hipotecario, e conseguiu que se paralice temporalmente a poxa á que ía ser sometido o inmoble.

Ler máis
Compartir: