ALCALDÍA

Santiago e outros dez concellos rexeitan as emendas presentadas por PDeCAT e C's ao proxecto de Lei de Contratación Pública

18/07/2017

O Concello de Santiago, xunto cos de Barcelona, Madrid, A Coruña, Ferrol, Zaragoza, Cádiz, Valencia e Terrassa, denunciou hoxe o atentado contra a autonomía local que supoñen varias emendas presentadas polo Partit Demòcrata Europeu Català (PDeCAT) e Ciudadanos (C's) ao proxecto de Lei de Contratación Pública. En concreto, esas emendas poñen impedimentos aos procesos de municipalización que se están levando a cabo en diferentes municipios.

Ler máis

FESTAS

A Real Filharmonía de Galicia acompañará este xoves a Uxía na Quintana

18/07/2017

A Real Filharmonía de Galicia participa un ano máis nas celebracións das festas do Apóstolo, conmemorativas do Día de Galicia. A compostelá praza da Quintana acollerá este xoves, 20 de xullo, un concerto dirixido polo mestre titular da agrupación, Paul Daniel, ás 21:00 horas. As entradas, que eran gratuítas previa retirada da invitación na billeteira do Teatro Principal, xa están esgotadas. En caso de choiva, a actuación trasladarase ao Auditorio de Galicia. O concerto repetirase o venres no Auditorio...

Ler máis

PATRIMONIO

Ser seguidor das Cidades Patrimonio nas redes sociais pode ter premio este verán

18/07/2017

Este verán, o Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade quere dar aos seus seguidores a posibilidade de gañar unha noite nun Parador das Cidades Patrimonio a través de dúas accións en redes sociais. Unha delas pretende que os/as seguidores animen a novos amigos/as a coñecer as Cidades e outra que difundan as fotos das súas estancias nas Cidades durante o verán.

Ler máis
Compartir: