ALCALDÍA

Recepción a unha delegación do Goberno de Guinea-Bissau

30/05/2017

Integrantes da Corporación recibiron en Raxoi o ministro de Administración Territorial de Guinea-Bissau, Sola Naquilin. A concelleira Concha Fernández foi a encargada de dar a benvida a Santiago á delegación guineana, que está en Galicia para coñecer diversas iniciativas de desenvolvemento local.

Ler máis

EDUCACIÓN E CIDADANÍA

A Concellaría de Educación colabora co proxecto didáctico "Las Sinsombrero"

30/05/2017

O Concello de Santiago é unha institucións que colabora coa Fundación Cultura de Paz na posta en marcha do proxecto Las Sinsombrero, que recuperará a figura das poetas da Xeración do 27 con motivo do seu 90 aniversario. Esta iniciativa didáctica permitirá traballar nas aulas, a través da música, pola igualdade e contra a violencia de xénero.

Ler máis

ALCALDÍA

O Goberno convocará esta semana a mesa de contratación do servizo da ORA e do guindastre

30/05/2017

O alcalde informou hoxe da convocatoria, nesta mesma semana, da mesa de contratación que debe resolver a adxudicación do servizo da ORA e do guindastre, anulado por sentenza xudicial en novembro de 2015. Martiño Noriega explicou que ese é o paso necesario despois de que onte mesmo se recibira no Concello outra sentenza que admite o recurso presentado por Doal, a empresa que quedara como segunda clasificada por detrás de Setex no proceso culminado a finais de 2011.

Ler máis

CONVIVENCIA

Uns 500 nenos e nenas participarán o 5 de xuño na I Gala pola Seguridade Viaria

30/05/2017

O concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, e a oficial Diana Parente, responsable do Departamento de Educación Viaria da Policía Local, presentaron a I Gala pola Seguridade Viaria, que se celebrará o luns 5 de xuño ás 10:30 horas, no Auditorio de Galicia. Participarán uns 500 rapaces e rapazas de 4º de Primaria e haberá humor, improvisacións escénicas, premios e a entrega de diplomas pola participación nas actividades formativas sobre seguridade viaria impartidas pola Policía Local.

Ler máis

MEDIO AMBIENTE

O CIAC programa un ciclo de documentais sobre loitas ambientais

30/05/2017

O 5 de xuño celébrase en todo o mundo o Día do Medio Ambiente, este ano baixo o lema "Conectando á xente coa natureza", e no Centro de Interpretación Ambiental de Compostela (CIAC), celebrarano dun xeito moi especial, cun ciclo de documentais titulado "Loitas ambientais na Galiza", co que os/as participantes se poderán achegar a algunhas loitas que nos conectan coas feridas da nosa natureza máis próxima.

Ler máis
Compartir: