ALCALDÍA

O alcalde visita o alumnado que participa na quinta edición do "Conto Viaxeiro"

22/05/2017

O alcalde achegouse esta mañá ao CEIP López Ferreiro, onde se desenvolveu unha nova sesión do programa Conto Viaxeiro. Esta iniciativa do Departamento de Lingua, que vai xa pola súa quinta edición, está dirixida ao alumnado de Educación Primaria e ten como obxectivo promover a expresión e a expresividade en galego. Martiño Noriega animou os nenos e nenas a usaren a nosa lingua, e sobre todo a ler moitos contos.

Ler máis

FESTAS

Catro grupos composteláns, protagonistas das festas da Ascensión 2017

22/05/2017

A primeira tenente de alcalde, María Rozas, presentou este luns os concertos do ciclo Compostela É Música, que se van celebrar na praza do Toural durante a Ascensión. Actuarán Carla Green & The Demons (mércores 24), Cachas & Cousins (venres 26), Roberto Sobrado Grupo (sábado 27) e Gergelyes (domingo 28).

Ler máis

CONSORCIO

A Real Filharmonía ofrece este venres un concerto gratuíto na Quintana no marco da Acensión

22/05/2017

A Real Filharmonía de Galicia vai ofrecer dous concertos esta semana. O primeiro terá lugar o xoves 25 no Teatro Afundación de Vigo, ás 20:30 horas. E o venres, a agrupación tocará de balde en Santiago, na praza da Quintana, no marco das festas da Ascensión, ás 20:00 horas (en caso de choiva o concerto suspenderase). En ambas as actuacións levará a batuta o aclamado mestre londiniense Jonathan Webb, que esta tempada estreouse como principal director convidado da orquestra.

Ler máis

EDUCACIÓN E CIDADANÍA

Publícase a relación de prazas vacantes na Escola Municipal de Música e ábrese a preinscrición para novo alumnado

22/05/2017

Finalizado o prazos de renovación de praza do alumnado actual da Escola Municipal de Música para o curso 2017-2018, veñen de publicarse das prazas vacantes e a apertura dos prazos de preinscrición para o novo alumnado. Do 22 ao 31 de maio é o prazo establecido para a solicitude de preinscrición na Escola Municipal de Música do novo alumnado que desexe matricularse na oferta educativa da Escola, de acordo coas prazas vacantes para o curso 2017-2018, do que se achega documento.

Ler máis
Compartir: