CONSORCIO

A Real Filharmonía de Galicia celebra un novo concerto infantil e familiar

09/02/2017

A Real Filharmonía de Galicia celebra esta semana dous concertos no Auditorio de Galicia. O primeiro será hoxe xoves, 9 de febreiro, ás 20:30 horas. O venres, ás 18:30 horas, parte do concerto repetirase para o público máis novo e para as familias, no marco do ciclo Descubre unha orquestra para ti, a túa!.

Ler máis

POLÍTICAS SOCIAIS

Santiago impulsa un Protocolo ante desafiuzamentos cos concellos de Ames e Teo e tres colexios profesionais

09/02/2017

A concelleira de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde, Concha Fernández, deu a coñecer esta mañá os detalles do Protocolo de actuación para a prevención de desafiuzamentos e a atención das persoas afectadas nos Concellos de Santiago, Ames e Teo. Na rolda estivo acompañada dos concelleiros de Servizos Sociais e de Benestar, respectivamente, destas dúas localidades, Luisa Feijóo e Xosé Ignacio Iglesias; da decana do Colexio de Psicoloxía de Galicia, María Rosa Álvarez e do...

Ler máis

FESTAS

Compostela vivirá o Entroido do 25 de febreiro ao 1 de marzo

09/02/2017

A tenente de alcalde María Rozas presentou hoxe a programación coa que se vai celebrar o Entroido en Compostela, con actividades dende o 25 de febreiro ata o 1 de marzo. No calendario do Carnaval de Santiago haberá tres citas clave: o desfile do Meco e o pregón, o desfile do Martes de Entroido e a queima do Meco. Na rolda de prensa, María Rozas estivo acompañada por membros das dúas comparsas máis antigas da cidade, Os Conformistas de Conxo e A Ruliña de Laraño, e por José Manuel Méndez, o creador do Meco.

Ler máis

PATRIMONIO

As Cidades Patrimonio reforzan a súa presenza no mercado alemán na feira de turismo Reisen Hamburg

09/02/2017

As Cidades Patrimonio da Humanidade continúan coas accións de promoción previstas no Plan Operativo 2017, desta vez cunha nova campaña internacional para a captación de viaxeiros na feira de turismo alemá Reisen Hamburg, na que España é este ano o país convidado. Esta invitación, que implica ademais unha potente promoción en medios de comunicación, redes sociais e na propia feira, chega nun momento clave para afianzar o liderado de España neste mercado xa que, segundo datos da OET, a demanda está...

Ler máis

POLÍTICAS SOCIAIS

Concha Fernández reúnese coa Mesa Estatal Pro-Referendum das Pensións

09/02/2017

A concelleira de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde, Concha Fernández, mantivo un encontro esta mañá coa Mesa Estatal Pro-Referendum das Pensións, unha entidade que naceu en 213 co obxectivo de promover unha reforma constitucional que inclúa a prohibición de que calquera goberno poida tocar ou privatizar o Sistema Público de Pensións.

Ler máis
Compartir: