FESTAS

Sete carrozas, quince comparsas e nove grupos participarán no desfile do martes de Entroido

27/02/2017

Centos de persoas participarán mañá no desfile do martes de Entroido, a cita máis importante do Carnaval de Santiago. A súa saída está prevista para as 17:30 horas, dende a estación do ferrocarril, para rematar na avenida de Xoán Carlos I. Logo, a partir das 21:00 horas, na Sala Capitol, celebrarase a entrega de premios, que se manteñen nas contías do ano pasado. Así, haberá galardóns nas categorías de carrozas, comparsas, grupos, parella, disfrace individual, e premios especiais para a...

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

Excéntricas estrea en Santiago "A cabeza do dragón", primeira representación en galego dunha obra de Valle-Inclán

27/02/2017

O alcalde de Compostela, Martiño Noriega; o director de Agadic, Jacobo Sutil; e Quico Cadaval presentaron esta mañá a estrea en Compostela de A cabeza do dragón, a primeira representación teatral dunha obra de Valle-Inclán en galego. Producións Teatrais Excéntricas presenta esta fábula, que poderemos ver por primeira vez no Teatro Principal os días 3, 4, 5, 9, 10 e 11 de marzo ás 20:30 horas, nun dos eventos culturais máis relevantes do 2017 no país.

Ler máis
Compartir: