ALCALDÍA

"Compostela Ilustrada" reúne dende hoxe a 13 destacadas figuras da ilustración internacional

09/11/2017

O alcalde de Santiago Martiño Noriega inaugurou o II Encontro Internacional de Cadernos de Viaxe Compostela Ilustrada que se celebra do 9 ao 12 de novembro. No acto, celebrado na Galería Sargadelos, tamén estiveron o director do encontro, Miguelanxo Prado, e os deseñadores e deseñadoras participantes. Todos e todas puideron visitar a exposición Camiña o Camiño, aberta neste espazo ata ao 30 de novembro.

Ler máis

POLÍTICAS SOCIAIS

Expertos da Península debaten en Santiago sobre os recursos específicos para as persoas sen fogar

09/11/2017

A concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, dará a benvida institucional ás persoas participantes na II Xornada sobre a situación das persoas sen fogar: Recursos Específicos, que se celebra mañá venres no Auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación (avenida de Castelao s/n, Campus Norte). O tema principal da Xornada serán os recursos que se poden destinar á axuda das persoas que non teñen fogar por parte das corporacións municipais. Está prevista a intervención...

Ler máis

LINGUA E COMERCIO

O alcalde visita El In-Perfecto, establecemento gañador do V Concurso de Proxectos de Publicidade Comercial en Galego

09/11/2017

O alcalde e a concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo visitaron esta mañá o establecemento El In-Perfecto, premiado no V Concurso de Proxectos de Publicidade Comercial en Galego. Martiño Noriega e Marta Lois coñeceron o establecemento, que mereceu a distinción pola campaña co lema "Uns fano en serie. Nós facémolo en serio", ideada por Beatriz Romero.

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

O novo filme do realizador alemán Fatih Akin chega este venres a Cineuropa

09/11/2017

Fatih Akin, gañador do Oso de Ouro de Berlín en 2004 por Contra a parede, é un dos habituais en Cineuropa. Con In the fade, este realizador alemán de ascendencia turca propón unha historia sobre a vinganza dunha muller cuxa familia foi destruída polo terrorismo neonazi. A acción apóiase esencialmente na excelente Diane Kruger que, grazas a este papel que reestrutura o xénero de vinganza habitualmente masculino, foi merecedora do premio á mellor actriz en Cannes 2017. A cita co último Fatih...

Ler máis
Compartir: