ACCIÓN CULTURAL

"EMPA#01", primeiro disco da Escola de Música Popular e Avanzada de aCentral Folque

23/11/2017

A concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, presentou esta mañá en rolda de prensa o disco EMPA#01, resultado de dous anos de traballo nas aulas do Curso Maxistral da Escola de Música Popular Avanzada de aCentral Folque. Fíxoo acompañada de Alejandro Vargas e Alba María, ambos mestres da EMPA, alén de participantes no proxecto.

Ler máis

EDUCACIÓN E CIDADANÍA

Ábrese o prazo de inscrición para o Programa de Conciliación de Nadal

23/11/2017

O concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, anunciou que este venres, 24 de novembro, ábrese o período de inscrición para o Programa Municipal de Conciliación do Nadal 2017-2018. O prazo remata o 11 de decembro. Ofrécese un total de 100 prazas, que serán outorgadas por orde de inscrición. As actividades realizaranse novamente no CEIP Raíña Fabiola e no CEIP As Fontiñas.

Ler máis

EDUCACIÓN E CIDADANÍA

Presentado o Premio Dereitos Humanos Cineuropa

23/11/2017

O concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, presentou o Premio Dereitos Humanos Cineuropa 2017. Será outorgado polo xurado novo do festival e recoñecerá aquel filme que recolla na súa metraxe os valores para a defensa dos dereitos humanos, cívicos e democráticos. Esta é unha contribución do Departamento de Educación e Cidadanía a Cineuropa e ás súas sucesivas edicións.

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

O Festival Escenas do Cambio programa 13 espectáculos procedentes de 5 países

23/11/2017

O Festival de Inverno de Teatro, Danza e Arte en Acción Escenas do Cambio regresará de novo en febreiro de 2018 –entre os días 1 e 10– con 13 espectáculos de compañías procedentes de cinco países (España, Portugal, Marrocos, Siria, Francia e Italia), nunha cuarta edición na que o teatro galego continuará a ter unha presenza destacada con Estela Lloves, Félix Fernández, IlMaquinario e, de novo, Voadora, que presentará neste certame a estrea en España de Garage.

Ler máis

CONSORCIO

Un libro lembra a figura do escritor e xornalista compostelán Antonio Neira de Mosquera, un dos grandes representantes da primeira xeración de galeguistas

23/11/2017

O Consorcio de Santiago e Alvarellos Editora acaban de publicar Galicia ante todo. Páxinas esquecidas do Rexurdimento (1840-1853), centrado na figura e na obra do escritor e xornalista compostelán Antonio Neira de Mosquera, un dos principais representantes do Provincialismo. Este xoves, o alcalde de Santiago e presidente do Consorcio da cidade, Martiño Noriega, presentou a publicación na Fundación Torrente Ballester. Ao acto asistiron a xerente do Consorcio, Belén Hernández; o responsable de Publicacións do organismo...

Ler máis
Compartir: