XUNTA DE GOBERNO

Resolta a convocatoria de residencias na Sala Agustín Magán de Santa Marta

23/12/2016

A Xunta de Goberno aprobou hoxe a resolución da convocatoria de residencias para proxectos de artes escénicas na Sala Agustín Magán. Esta foi a primeira convocatoria deste tipo para ese espazo do Centro Sociocultural de Santa Marta, e non suporá custo ningún para o Concello máis alá do apoio loxístico e técnico que se lles poida prestar ás compañías seleccionadas no proceso.

Ler máis

TURISMO

Compostela súmase ao 150 aniversario de Valle-Inclán cun paseo guiado e cunha lectura de fragmentos seus sobre a cidade

23/12/2016

A concelleira de Turismo, Marta Lois, acompañada do director do Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal, Antonio González; o neto do escritor, Xaquín del Valle-Inclán; e a directiva do Ateneo, Pilar Sampedro, presentou no Pazo de Raoxi unha xornada de actividades dedicada ao 150 aniversario do nacemento de Ramón María del Valle-Inclán, que terá lugar o 28 de decembro.

Ler máis

XUNTA DE GOBERNO

Unha nova sentenza do TSXG obriga ao Concello a pagar o IVE do parque comarcal de bombeiros de Salgueiriños

23/12/2016

A Xunta de Goberno deu conta hoxe dunha nova sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que estima parcialmente o recurso de apelación interposto por Extraco, a empresa construtora do parque de bombeiros de Salgueiriños, contra a sentenza ditada no pasado 29 de xuño que lle obriga ao Concello a pagarlle máis dun millón de euros pola parte da obra executada.

Ler máis
Compartir: