ALCALDÍA

O alcalde recibiu a directiva de Fademga

20/12/2016

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e a concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, recibiron o presidente da Federación Galega de Asociacións en Favor das Persoas con Discapacidade Intelectual ou do Desenvolvemento (Fademga Plena Inclusión Galicia), Eladio Fernández. Con el acudiron á cita Antonio Fuentaja e Marcelo de la Cruz, tamén da xunta directiva da entidade.

Ler máis

DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO

O mercadiño de Salgueiriños acolle este xoves un concerto de Cuchús Pimentel e Vigo Distrito Flamenco

20/12/2016

Este vindeiro xoves 22 de decembro terá lugar a última acción do ano do programa Efecto Proximidade, que o Concello de Santiago promove no mercadiño dos xoves de Salgueiriños. Os detalles da xornada foron presentados en rolda de prensa pola concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, acompañada de Mauro Sanín, produtor de aCentral Folque, e do músico Cuchús Pimentel.

Ler máis

DEPORTE

Todo listo para a IV edición da San Silvestre compostelá, con saída e chegada no Obradoiro

20/12/2016

Quedan tan só 11 días para a última proba deportiva do ano, a popular San Silvestre compostelá, que se celebrará o próximo 31 de decembro a partir das 18:00 horas, con saída única para as categorías de escolares e persoas adultas. Así o anunciaron en rolda de prensa a concelleira de Deporte, Noa Morales, e o delegado en Santiago da Federación Galega de Atletismo, Iván Sanmartín.

Ler máis

CONSORCIO

A Real Filharmonía celebra este xoves o seu tradicional concerto de Nadal con obras vinculadas a estas datas

20/12/2016

A Real Filharmonía de Galicia celebra, como cada ano por estas datas, o seu tradicional concerto de Nadal. A cita será este xoves 22 de decembro, ás 20:30 horas, no Auditorio de Galicia. O ensaio xeral, que terá lugar o propio xoves ás 11:00 horas, estará aberto ao público de forma gratuíta. A batuta levaraa o director titular e artístico da agrupación, o mestre Paul Daniel.

Ler máis

DEPORTE

En marcha o procedemento de licitación das obras de mellora do Estadio Multiúsos de San Lázaro

20/12/2016

O Boletín Oficial da Provincia publica hoxe o anuncio de licitación das obras de mellora do Estadio Multiúsos de San Lázaro, presupostadas en 601.881,18 euros e cun prazo de execución de seis meses. As empresas interesadas teñen un prazo de 26 días naturais para presentar as súas ofertas, a contar a partir de mañá. As obras teñen como obxectivo corrixir o deterioro do recinto deportivo, que sofre problemas de corrosión e humidades en moitos dos seus elementos, desprendemento de material en vigas e piares e ...

Ler máis

TURISMO

O Mercado da Estrela supera as expectativas con preto de 10.000 visitantes

20/12/2016

O Mercado da Estrela, patrocinado por Turismo de Santiago, celebrou a súa quinta edición o pasado sábado 17 e domingo 18 de decembro cun grande éxito que o posiciona como unha das iniciativas de máis repercusión e afluencia na cidade. Preto de 10.000 persoas de todas as idades visitaron os distintos espazos da iniciativa a pasada fin de semana, chegando a provocar colas para o acceso ao claustro do Museo do Pobo Galego, onde exhibían as súas coleccións catro decenas de marcas galegas de moda, xoiería, complementos,...

Ler máis
Compartir: