XUNTA DE GOBERNO

Primeiro paso para poñer a disposición da veciñanza as prazas de aparcamento municipais do Olvido

16/12/2016

A Xunta de Goberno deu hoxe o primeiro paso para poñer en uso as prazas de aparcamento que o Concello posúe no estacionamento soterrado da praza de Marcial Villamor dende a reurbanización do contorno da rúa do Olvido, no ano 2010. Estes espazos, 27 para o estacionamento de coches e tres de motos, nin sequera estaban rexistradas como propiedade municipal, e ese é o trámite que hoxe acordou a Xunta de Goberno.

Ler máis

EDUCACIÓN E CIDADANÍA

Unha unidade didáctica achega o mundo da ópera a nenos e nenas a través de "Brundibár", de Hans Krása

16/12/2016

O concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, presentou, en compañía da profesora Adela Maroño, a unidade didáctica que esta e outra mestra, Mercedes Blanco, prepararon sobre o mundo da ópera. Na rolda tamén estiveron presentes o presidente da Asociación de Amigos da Ópera, Jesús Couceiro, e o secretario da mesma, José María Miranda.

Ler máis

TURISMO

La 2 de TVE emite este sábado o primeiro documental sobre Santiago gravado en 4K

16/12/2016

A concelleira de Turismo, Marta Lois, presentou o documental sobre Santiago que La 2 de TVE emitirá este sábado ás 19:00 horas e que amosará imaxes da cidade gravadas durante o ano 2016 coa máis moderna tecnoloxía. A concelleira estivo acompañada polo director do Centro Territorial de TVE en Galicia, Rafael Cid, e polo responsable do servizo de Turismo de Santiago para a promoción audiovisual, a Santiago de Compostela Film Commission, Dimas González.

Ler máis

ALCALDÍA

O alcalde recibiu a Dagmar Lieblová, sobrevivente de Terezín e Auschwitz

16/12/2016

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibiu a Dagmar Lieblová, sobrevivente do gueto de Terezín e do campo de exterminio de Auschwitz. Lieblová formou parte do coro orixinal da ópera infantil Brundibár, que se representou 55 veces no gueto de Terezín. O encontro celebrouse na véspera da estrea desta ópera infantil no Teatro Principal.

Ler máis

PATRIMONIO

Presentada a nova web coa guía arqueolóxica das cidades Patrimonio

16/12/2016

Este venres presentouse en Córdoba, no marco da Bienal de Patrimonio, a web Guía Arqueolóxica das Cidades Patrimonio da Humanidade de España. Este proxecto permite, por primeira vez, reunir nun só soporte dixital todo o patrimonio arqueolóxico das 15 cidades da rede: Alcalá de Henares, Ávila, Baeza, Cáceres, Córdoba, Cuenca, Ibiza/Eivissa, Mérida, Salamanca, San Cristóbal de la Laguna, Santiago de Compostela, Segovia, Tarragona,...

Ler máis

NADAL 2016

Adxudicada a instalación da pista de xeo na Alameda

16/12/2016

A Xunta de Goberno adxudicou hoxe, nunha sesión extraordinaria, a instalación da pista de xeo da Alameda. Foi a través dun procedemento negociado sen publicidade aberto pola vía de urxencia, despois de que o primeiro procedemento quedara deserto ao non presentarse ningunha empresa. A instalación da pista de xeo correrá a cargo de Oziona Soluciones de Entretenimiento, a mesma empresa que o ano pasado. A pista estará aberta ata o 15 de xaneiro.

Ler máis
Compartir: