ALCALDÍA

Santiago reúne durante tres días a destacados/as investigadores/as en enfermidades neurodexenerativas

19/09/2018

A primeira tenente de alcalde, María Rozas, asistiu na Facultade de Medicina á inauguración do VI Congreso de Investigación e Innovación en Enfermidades Neurodexenerativas, que estivo presidida pola Súa Maxestade a Raíña Dona Sofía. Este evento, organizado pola Fundación Reina Sofía, a Fundación CEN (Fundación Centro de Investigación en Enfermidades Neurolóxicas) e CIBERNED (Centro de Investigación Biomédica en Rede de Enfermidades Neurodexenerativas), reúne durante...

Ler máis

MOBILIDADE

Compostela celebra a Semana da Mobilidade dende a óptica feminista e coa intención de fomentar o uso da bicicleta

19/09/2018

Santiago vai celebrar a Semana Europea da Mobilidade do 21 de setembro ao 10 de outubro, cunha programación na que terán protagonismo as mulleres, e coa que se quere fomentar o uso dos modos brandos de transporte. O concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade, Jorge Duarte, presentou hoxe as actividades, coorganizadas con entidades como Composcleta, Greenpeace e Cogami.

Ler máis

CONSORCIO

O Consorcio de Santiago saca a concurso a mellora do sistema de ventilación e limpeza do lousado da capela do Cristo de Conxo

19/09/2018

O Consorcio de Santiago saca a concurso a mellora do sistema de ventilación e limpeza do lousado da capela do Cristo da igrexa de Santa María de Conxo, co fin de eliminar o seu escuremento húmido, por un importe de 67.217,23 euros. As empresas interesadas teñen de prazo ata o 8 de outubro para presentar as súas propostas. Prevese un período de execución de catro meses.

Ler máis
Compartir: