ALCALDÍA

O Ensanche vístese de festa os días 21 e 22 de setembro

11/09/2018

Música, xogos populares, un torneo de xadrez ou o sorteo de cheques de compra nos comercios do barrio. Son algunhas das propostas das festas Vivindo o Ensanche, que se celebrarán os días 21 e 22 de setembro. O programa está organizado pola asociación veciñal Raigame e conta coa colaboración do Concello.

Ler máis

DEPORTE

Arrinca unha nova edición do circuíto CorreSan coa tradicional proba polas rúas do casco histórico

11/09/2018

A concelleira de Deporte, Noa Morales, presentou este martes a primeira carreira da VII edición do Circuíto de Carreiras Saudables CorreSan. Nesta ocasión, o lema do circuíto é "Non é unha meta, é un destino" e conta con catro probas, ás que se lle suma a San Silvestre do 31 de decembro. Xunto á concelleira de Deporte estivo na rolda de prensa o delegado en Santiago da Federación Galega de Atletismo (FGA), Iván Sanmartín, e o corredor gañador da edición do 2017, Amador Pena.

Ler máis

PATRIMONIO

"Más o menos inquietos", de Daniel Abreu, proposta escénica para Compostela da Noite do Patrimonio

11/09/2018

O sábado 15 de setembro celébrase a Noite do Patrimonio, a gran festa simultánea coa que as 15 cidades Patrimonio da Humanidade conmemorará os 25 anos da creación do Grupo que as ampara. Unha das propostas para esta xornada é o programa Escena Patrimonio, con representacións de danza e teatro contemporáneo en cada unha das cidades. No caso de Santiago de Compostela, a cita é ás 21:00 horas, na praza da Quintana, coa posta en escena de Más o menos inquietos, de Daniel Abreu, Premio Nacional...

Ler máis

POLÍTICAS SOCIAIS E MEDIO AMBIENTE

A Tropa Verde colabora co I Concerto Benéfico NormalizAutismo

11/09/2018

A Tropa Verde vén de poñer en marcha unha colaboración coa entidade NormalizAutismo Galicia, promovendo un sorteo de convites para o I Concerto Benéfico NormalizAutismo, que se celebrará o próximo 26 de setembro na Sala Capitol. Para participar é preciso ser socio ou socia da Tropa Verde e seguir á entidade NormalizAutismo na súa páxina de Facebook.

Ler máis
Compartir: