ACCIÓN CULTURAL

O Pazo de Raxoi, escenario dunha acción do artista Fermín Jiménez Landa

18/07/2018

O Pazo de Raxoi foi este mediodía escenario dunha acción enmarcada no taller que Fermín Jiménez Landa está a dirixir no Centro Galego de Arte Contemporánea, baixo o nome "Facer dúas veces". Nel, o artista navarro está a recrear diferentes performances que son referenciais na historia da arte, para revivir as reflexións que xeraron sobre a vida cotiá, os límites do espazo público ou a convivencia nas cidades.

Ler máis

FESTAS

A Real Filharmonía de Galicia e o grupo compostelán de jazz Sumrrá xúntanse nun concerto no Apóstolo

18/07/2018

A Real Filharmonía de Galicia participa un ano máis nas celebracións das festas do Apóstolo. A praza da Quintana acollerá mañá xoves, 19 de xullo, un concerto dirixido polo mestre titular da agrupación, Paul Daniel, ás 21:00 horas. A RFG tocará xunto ao grupo compostelán de jazz Sumrrá, na que será a estrea absoluta do seu proxecto Sumrrá sinfónico. As entradas para as cadeiras, que eran gratuítas previa retirada da invitación na billeteira do Teatro Principal, xa...

Ler máis

MEDIO AMBIENTE

O CIAC acolle un coloquio e un obradoiro sobre as alternativas aos plásticos

18/07/2018

Durante este mes de xullo, o Centro de Interpretación Ambiental de Compostela celebra o Día Internacional libre de bolsas de plástico (3 de xullo). Neste marco, o venres 20 de xullo, ás 18:30 horas, acolle unha charla coloquio titulada "Na procura de alternativas: vivir sen plásticos" e un obradoiro de elaboración de bolsas de tea.

Ler máis

DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO

Marta Lois asiste ao peche do proxecto de aprendizaxe e servizo realizado en colaboración coa Facultade de Ciencias Económicas

18/07/2018

A Concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois acudiu hoxe ao acto de peche do proxecto de aprendizaxe-servizo Universidade, sociedade e desenvolvemento. A aprendizaxe-servizo no eido do desenvolvemento local, no que estivo acompañada pola vicerreitora de Comunicación, Cultura e Servizos, Mar Lorenzo; pola decana da Facultade de Ciencias Económicas, Emilia Vázquez, e polo profesorado a cargo do proxecto.

Ler máis
Compartir: