POLÍTICAS SOCIAIS

Segunda edición de "Compostela + Solidaria"

29/05/2017

O Concello de Santiago e a Coordinadora Galega de ONGD poñen en marcha a segunda edición de Compostela + Solidaria, un programa de sensibilización con máis de 30 actividades para todas as idades que se levará a cabo do 29 de maio ao 16 de xuño. Foi presentado esta mañá pola concelleira de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde, Concha Fernández, e por Lorena Seijo, da Coordinadora.

Ler máis

ESPAZOS CIDADÁNS

O Concello invita a veciñanza a descubrir a Compostela medieval

29/05/2017

O Concello de Santiago volve poñer en marcha as visitas guiadas ao Castelo da Rocha Forte, pero desta vez ampliando os seus obxectivos, escenarios e discursos. O concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade, Jorge Duarte, presentou o programa, acompañado pola arqueóloga municipal, Lola Cerqueiro.

Ler máis

EDUCACIÓN E CIDADANÍA

A Escola Municipal de Música celebra o seu Festival de Música e Movemento

29/05/2017

Os días 30 e 31 de maio, ás 18:30 horas, o Auditorio Abanca acollerá o Festival de Música e Movemento que tradicionalmente organiza o departamento desta área da Escola Municipal de Música. O evento servirá para dar a coñecer o traballo desenvolvido ao longo do curso por máis de 185 alumnos e alumnas de idades comprendidas entre os 3 e os 7 anos, acompañados do profesorado da EMM e das súas familias.

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

Inauguración de "Os mundos de Carlos Casares" na Zona "C"

29/05/2017

Este martes, ás 19:00 horas, inaugúrase na Zona "C" a exposición Os mundos de Carlos Casares. No acto inaugural estarán presentes Håkan Casares Berg, fillo de Casares; Goretti Sanmartín, vicepresidenta e responsable da área de Cultura da Deputación da Coruña; e Marta Lois, concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo do Concello de Santiago.

Ler máis

EDUCACIÓN E CIDADANÍA

O Grupo de Educación do Eixo Atlántico reuniuse na cidade lusa de Braga

29/05/2017

O concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, presidiu a reunión do Grupo de Educación do Eixo Atlántico, celebrada este luns na cidade portuguesa de Braga. Ademais de Santiago, estiveron representadas as cidades de Santa María da Feira, Braga e Ourense, xunto con integrantes do Eixo Atlántico.

Ler máis
Compartir: