ACCIÓN CULTURAL

Concertos, obradoiro, visitas guiadas e charlas na segunda edición do ciclo ‘De Lugares e Órganos’

30/03/2017

Coincidindo coas datas de Semana Santa, a concellaría de Acción Cultural organiza a segunda edición do ciclo De Lugares e Órganos. Música e outras paisaxes de Compostela, que se celebrará do 31 de marzo ao 16 de abril en diversos espazos da cidade. Serán un total de seis concertos, un obradoiro para nenos, tres visitas guiadas polos órganos e tres coloquios arredor deles. Todas estas actividades permitirán escoitar e gozar da música relacionada co patrimonio artístico da cidade xunto co coñecemento...

Ler máis

EDUCACIÓN

Carmen Urrutia, Noela Sanjurjo, Tania Blanco e Raquel Aller, gañadoras do certame Relatos de Auga Intelixente

30/03/2017

O Salón Nobre do Pazo de Raxoi acolleu esta mañá a entrega de premios da terceira edición do Certame Literario "Relatos de auga intelixente", convocado por Viaqua. No acto estiveron, ademais das catro premiadas, o concelleiro de Educación, Manuel Dios; o Director de Viaqua, Julio Masid e membros do xurado. Tamén estiveron acompañados de familiares, profesorado e persoal directivo dos centros escolares, así como representantes dos grupos municipais.

Ler máis
Compartir: