XUNTA DE GOBERNO

Adxudicadas as obras da rúa Cañoteira de Meixonfrío

24/11/2017

A Xunta de Goberno adxudicou este venres as obras da segunda fase da mellora de seguridade viaria na rúa Cañoteira de Meixonfrío, ás que se vai destinar un orzamento de algo máis de 150.000 euros. Da actuación, que ten un prazo de execución de catro semanas, encargarase a empresa Marconsa.

Ler máis

FESTAS

A iluminación de Nadal acenderase o 30 de novembro, con máis rúas decoradas e elementos máis modernos

24/11/2017

A iluminación de Nadal chegará este ano a novas rúas de Compostela e incrementará o número de elementos nas zonas que xa viñan sendo decoradas. Explicouno hoxe a concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, que reiterou que a iluminación, que xa está sendo colocada desde hai uns días, estará acendida desde o 30 de novembro ata o 7 de xaneiro. A edil lembrou que o Concello "apostou por incrementar sensiblemente o orzamento destinado á iluminación durante as Festas, respondendo ás...

Ler máis

IGUALDADE

O Concello de Santiago clama por unha sociedade sen violencias machistas

24/11/2017

O Teatro Principal acolleu este venres o acto central polo 25 de novembro, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres, dentro da campaña Compostela en negro. No acto participaron o alcalde de Santiago, Martiño Noriega; a concelleira de Igualdade, Marta Lois; a escritora Rosa Aneiros, varios membros da Corporación e algúns institutos de Compostela.

Ler máis

ALCALDÍA

Presentada en Madrid a demanda para esixir a devolución das esculturas do Mestre Mateo

24/11/2017

O alcalde de Santiago confirmou hoxe que xa foi presentada no Xulgado de Primeira Instancia de Madrid a demanda civil contra Carmen Franco, para esixir a devolución ao Concello das figuras de Abraham e Isaac, obras do Mestre Mateo que están en posesión da familia Franco. Martiño Noriega detallou que a acción xurídica foi interposta a través dun poder notarial, e sinalou que "a asesoría xurídica municipal estima que o máis probable é que a sentenza se demore polo prazo dun ano".

Ler máis

XUNTA DE GOBERNO

O Executivo local destinará case 1,3 millóns de euros á renovación do alumeado nos accesos á cidade

24/11/2017

A Xunta de Goberno adxudicou este venres os contratos para a mellora das instalacións do alumeado público nos accesos á cidade, aos que se van destinar 1,3 millóns de euros. O alcalde, Martiño Noriega, lembrou que esta actuación "é posible grazas a que o Departamento de Medio Ambiente conseguiu un préstamo do IDAE, que nos facilita a renovación das instalacións". Martiño Noriega incidiu nos beneficios "tanto ambientais como en relación ao aforro económico que suporá esta...

Ler máis

CONSORCIO

Arquitectos e expertos da cidade ecuatoriana de Quito visitarán Santiago a vindeira semana para coñecer os traballos de rehabilitación e xestión do centro histórico

24/11/2017

A cidade ecuatoriana de Quito foi a primeira do mundo en ser declarada Patrimonio da Humanidade pola Unesco en 1978. Na actualidade está a traballar no Plan de Xestión do seu centro histórico e, en colaboración coa Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento (AECID), elixiron as cidades españolas de Santiago e Málaga como modelos de referencia "innovadores e sostibles" que van servir para o deseño e implantación do seu plan. Vencellado a esta iniciativa, un equipo de expertos de Santiago...

Ler máis

ALCALDÍA

O Goberno municipal rende contas e recolle as demandas da veciñanza da zona urbana sur

24/11/2017

O alcalde e os concelleiros e concelleiras do Goberno local mantiveron hoxe un novo encontro "Ao vivo", desta vez coa veciñanza da área urbana sur, que engloba os barrios de Conxo, Santa Marta, Choupana, Volta do Castro e Vidán. A reunión celebrouse na Sala Agustín Magán, do Centro Cívico de Santa Marta, e contou coa asistencia de máis de medio cento de veciños e veciñas do ámbito.

Ler máis
Compartir: