CONSORCIO

A RFG participa en Música en Compostela con dous concertos de música española e galega dirixidos por Maximino Zumalave

01/08/2016

A Real Filharmonía de Galicia participa un ano máis na 59º edición do Curso Universitario Internacional de Música Española Música en Compostela con dous concertos. O primeiro celebrarase este mércores, 3 de agosto, e o segundo o venres día 5. Ambas citas terán lugar no Auditorio de Galicia ás 20:30 horas, baixo a batuta do director asociado da orquestra, o mestre compostelán Maximino Zumalave.

Ler máis
Compartir: