EDUCACIÓN E CIDADANÍA

A Concellaría de Educación e Cidadanía comunica ás familias as prazas adxudicadas no Programa de Conciliación de Verán

08/06/2016

Finalizado o prazo de inscrición no Programa Municipal de Conciliación Verán 2016, o Departamento de Educación e Cidadanía, comunica que todas as solicitudes presentadas en prazo (ata o 31 de maio) e que cómpren os requisitos de participación establecidos nas bases do programa, foron admitidas nas modalidades escollidas, agás aqueles participantes que pediron a modalidade de madrugadores no CEIP Raíña Fabiola no que non se vai prestar dito servizo por non chegar ao mínimo de solicitudes requirido de acordo coas...

Ler máis

EMPREGO

O FIE oferta máis de 1.000 prazas en actividades formativas para atopar emprego

08/06/2016

Queda só unha semana para o comezo do Foro de Innovación para o Emprego (FIE 2016) que se celebrará os próximos 15 e 16 de xuño no Palacio de Congresos. A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, explicou esta mañá que "a día de hoxe, se recibiron 112 ofertas de emprego, correspondentes a 144 postos de traballo, por parte de 67 empresas".

Ler máis

DEPORTE

O circuíto de Salgueiriños acolle a 10ª edición de XiraKarting, coas probas da Rockies Cup para nenos e nenas de 4 a 7 anos

08/06/2016

O concelleiro de Deporte, Rafael Peña, presentou esta mañá acompañado de Raquel González, directora de RGM Eventos, e Antonio Cortés, director de Marketing de Gadisa, a décima edición de XiraKarting, actividade pioneira do karting móvil para que todos os públicos poidan desfrutar da experiencia de pilotar un auténtico kart de carreiras.

Ler máis

ALCALDÍA

O alcalde recibe os representantes da Plataforma Vítimas do Tren Alvia 04155

08/06/2016

O alcalde recibiu esta mañá no Pazo de Raxoi a un grupo de representantes da Plataforma Vítimas do Tren Alvia 04155. O colectivo quixo agradecerlle a Martiño Noriega o feito de que o de Santiago fora o primeiro Concello en aceptar a moción que insta ao Goberno do Estado a abrir unha comisión de investigación sobre o accidente ferroviario de Angrois.

Ler máis

CONSORCIO

Novo CD con concertos de guitarra acompañados pola Real Filharmonía

08/06/2016

A Real Filharmonía de Galicia (RFG) gravou hai un ano no Auditorio de Galicia tres obras para un traballo conxunto co guitarrista Miguel Trápaga e o director de orquestra Óliver Díaz, que acaba de ver a luz en formato de CD. O repertorio inclúe o popular Concierto de Aranjuez de Joaquín Rodrigo (1901-1999), o Concierto de Benicássim do compositor cubano Leo Brouwer (1939) e a obra Guitare do suízo Frank Martin (1890-1974). A edición presentouse o pasado 25 de maio na sede madrileña da Sociedad...

Ler máis

LINGUA

O Concello de Santiago colabora coa campaña "A lingua, arte da túa terra"

08/06/2016

O Concello de Santiago, a través do Departamento de Lingua, colabora coa EASD Mestre Mateo nunha novidosa campaña de promoción do galego que bota man da moda e das últimas tendencias. Trátase da iniciativa "A lingua, arte da túa terra. Boinas en Compostela", que puxo en marcha Galteo, o equipo de dinamización lingüística da Escola, en colaboración co IES Marco do Camballón, de Vila de Cruces.

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

Coloquio con Mireia Sentís na Zona "C"

08/06/2016

Este xoves estará en Compostela a escritora e fotógrafa, e na actualidade directora da Biblioteca Afroamericana de Madrid, Mireia Sentís, para manter un coloquio baixo o título de "A salto de mata". Será a partir das 20:00 horas na Zona "C" e a entrada é de balde.

Ler máis
Compartir: