ACCIÓN CULTURAL

Teatro del Arte presenta "Luciérnagas", sobre un texto de Carolina Román

29/06/2016

Despois da exitosa En construcción, escrita e protagonizada por Carolina Román e Nelson Dante e dirixida por Tristán Ulloa, e que puidemos ver en Compostela, Carolina Román presenta agora un novo texto: Luciérnagas. Da man de Teatro del Arte e protagonizado por Carmen Gutiérrez, Fede Rey e Jaime Reynolds, poderemos velo este xoves 30 de xuño e de novo o venres 1 de xullo, ás 20:30 horas, no Teatro Principal.

Ler máis

CONVIVENCIA

Moito Olliño visita o Hospital Clínico

29/06/2016

A Policía Local de Santiago segue traballando para que os condutores do futuro sexan condutores precavidos. Esta mañá, o seu programa de educación viaria chegou ao Hospital Clínico, onde a mascota Moito Olliño visitou a escola infantil do centro, á que acoden os nenos e nenas ingresados, e tamén o centro no que son atendidos os fillos e fillas do persoal do CHUS.

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

Ultimate Painting e El Monstruo, protagonistas da inauguración do "TerraZeando. Ciclo de concertos ao fresco"

29/06/2016

Os sofisticados británicos Ultimate Painting e os galegos El Monstruo protagonizan o concerto inaugural do TerraZeando. Ciclo de concertos ao fresco, organizado pola asociación Desconcierto Cultural coa colaboración do Concello de Santiago. Será mañá xoves, a partir das 20:00 horas, no Parque Eugenio Granell, nunha actividade na que participan tamén o Resas, o bar do propio parque Eugenio Granell. Despois haberá unha sesión de música con Isaac Torgal. A entrada é libre.

Ler máis

MOBILIDADE

O 1 de xullo entran en vigor os horarios de verán no servizo de transporte urbano

29/06/2016

Como cada ano, o vindeiro 1 de xullo entrarán en vigor os horarios de verán no servizo de transporte urbano. Este ano non haberá ningunha modificación con respecto ao pasado período estival, no que xa se fixera unha clara aposta pola mellora nas frecuencias no rural co aumento de servizos na liña P3 (Santa Lucía), na liña 6 e na liña P1 (Figueiras).

Ler máis
Compartir: