ALCALDÍA

Compostela homenaxea a Xosé Mosquera Pérez, "O vello dos contos"

13/06/2016

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, descubriu este mediodía unha placa en lembranza de Xosé Mosquera Pérez, "O vello dos contos", no número 36-38 da rúa do Franco. Alí, no exterior do inmoble no que residira, estivo acompañado da familia do homenaxeado, encabezada pola súa filla, Lola Mosquera. Tamén asistiron o presidente da Fundación Rosalía, Anxo Angueira; os directores dos IES Xelmírez I e Rosalía de Castro, Manuel Portas e Ubaldo Rueda; e representantes da Corporación...

Ler máis

TURISMO

Un dos creadores do modelo matemático da neve do filme "Frozen" dará este martes unha charla para todos os públicos

13/06/2016

O Auditorio Abanca acollerá este martes, ás 20:00 horas, a charla divulgativa "O Camiño matemático cara os Oscar", na que participará o profesor de UCLA, Joseph Teran, quen participou no desenvolvemento matemático do modelo que permitiu a recreación natural dos movementos da neve na película Frozen, recoñecida con multitude de premios, entre eles o Oscar á Mellor Película Animada no 2014, e que conseguiu unha recadación mundial superior aos 1.200.000 millóns de dólares.

Ler máis

EMPREGO

O Foro de Innovación para o Emprego acollerá máis de 30 actividades formativas

13/06/2016

A só dous días para o comezo do Foro da Innovación para o Emprego 2016, que terá lugar no Palacio de Congresos e Exposicións en Santiago de Compostela os días 15 e 16 de xuño, xa se poden ofrecer algúns datos provisionais. Así, recibíronse 129 ofertas de 78 empresas diferentes, rexistráronse máis de 3.200 inscricións das persoas usuarias nesas ofertas e foron remitidos ás empresas máis de 800 currículos que se axustaban aos perfís requiridos.

Ler máis
Compartir: