DEPORTE E TURISMO

A carreira nocturna SantYaGo10K supera xa as 1.500 persoas inscritas

09/05/2016

SantYaGo10K, a carreira nocturna de Santiago de Compostela, que se celebrará o 21 de maio, ás 22:30 horas, polo Casco Histórico da cidade, supera xa as 1.500 persoas inscritas. A organización decidiu manter o prezo reducido de inscrición de seis euros ata o 15 de maio para que a carreira sexa o máis numerosa posible.

Ler máis

MEDIO AMBIENTE

O CIAC programa en maio un obradoiro sobre bioconstrucións para flora e fauna urbana e un roteiro sobre biodiversidade

09/05/2016

Para o mes de maio, o Centro de Interpretación Ambiental de Compostela (CIAC) preparou un programa que inclúe un obradoiro sobre bioconstrucións para a flora e a fauna urbana e un roteiro sobre biodiversidade na cidade. Completarase o calendario coa celebración do IV Encontro de Cidadanía ao Poder, organizado polas Coordinadoras de ONGDs e cun curso de iniciación á apicultura da Asociación Galega de Apicultura.

Ler máis

CONVIVENCIA

A Policía Local instala un parque infantil de tráfico no recinto feiral de Amio

09/05/2016

Esta mañá empezou a funcionar o parque infantil de tráfico que a Policía Local instalou no recinto feiral de Amio, dentro do seu programa de seguridade viaria Móvete seguro con Moito Olliño. O alumnado de 6º de Primaria do CEIP Raíña Fabiola foi o primeiro en probar as instalacións, ante a atenta mirada do concelleiro de Convivencia e Medio Ambiente. Xan Duro explicou que o parque infantil de tráfico é "a parte práctica dun programa que, na súa parte teórica, chegou xa a 24...

Ler máis
Compartir: