XUNTA DE GOBERNO

A Xunta de Goberno inicia o expediente de contratación do servizo de rozas

06/05/2016

A Xunta de Goberno aprobou hoxe a apertura do procedemento de adxudicación do servizo para rozas, limpeza e mantemento dos viarios e parcelas municipais. O contrato, que se adxudicará polo procedemento aberto, terá un tipo de licitación de 181.818,18 euros, IVE aparte. Desa cifra, 170.000 euros corresponden á anualidade de 2016, e 50.000 euros á anualidade de 2017.

Ler máis

DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO

Últimos días para anotarse no plan formativo sobre consumo organizado polo Concello e a Unión de Consumidores de Galicia

06/05/2016

A Concellería de Desenvolvemento Económico, a través do seu Departamento de Comercio, e a Unión de Consumidores de Galicia, puxeron en marcha un plan de formación continua en materias de consumo dirixido aos comerciantes da cidade. Os obxectivos do plan de formación son contribuír á mellora da calidade das relacións entre comerciantes, consumidores e empresas de servizos, e á mellora das relacións comerciais baseadas nas novas tecnoloxías.

Ler máis

EDUCACIÓN E CIDADANÍA

Os grupos de primaria representan as súas obras este vindeiro luns dentro do XXI Certame de Teatro Intercentros

06/05/2016

Este vindeiro luns, 9 de maio, terán lugar as representacións dos grupos de teatro de educación primaria do XXI Certame de Teatro Intercentros, organizado pola Concellaría de Educación e Cidadanía e pola coordinadora de equipas de Normalización Lingüística. O acto contará coa asistencia do concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios.

Ler máis

FESTAS

Soleá Morente e a Festa dos Maiores, grandes atractivos do sábado da Ascensión

06/05/2016

A programación do sábado das Festas da Ascensión fará madrugar a máis dun. A partir das 9:00 horas será a saída, dende a praza de Europa, en Fontiñas, da Andaina dos 50 km de Santiago, que vai xa pola súa décimo terceira edición. A partir das 10:30 horas celebrarase o XVIII Trofeo da Ascensión de Ciclismo coas probas escolares e cadetes e, ás 16.00 horas, a proba elite/sub23.

Ler máis

DEPORTE E TURISMO

Este domingo remata o prazo para inscribirse na SantYaGo10K a prezo reducido

06/05/2016

SantYaGo10K, a carreira nocturna de Santiago de Compostela que se celebrará o 21 de maio ás 22:30 horas polo Casco Histórico da cidade, ronda xa as 1.000 persoas inscritas. O prazo de inscrición remata o día 15 de maio, pero as persoas que se apunten antes deste domingo día 8 terán un prezo reducido de seis euros. A cuota para as persoas que se anoten para a semana será de 15 euros.

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

Iniciados os trámites para cubrir as tres vacantes na Banda Municipal de Música

06/05/2016

O Concello ven de iniciar os trámites para cubrir as tres prazas vacantes na Banda Municipal de Música, segundo as indicacións realizadas pola concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra. Os contratos para os intérpretes de oboe, trompa e fagot terán unha duración de tres meses, seguindo a liña do que se ven facendo nos últimos anos para cubrir esas vacantes. Neste tempo, a Concellaría seguirá traballando no novo modelo para a Banda, que pasaría pola incorporación de novos músicos mediante...

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

Luz Pichel, protagonista do próximo encontro na Zona "C" con "Poesía e parrafeo"

06/05/2016

Continúan os encontros na Zona "C" con diversos axentes do sector cultural. A poetisa Luz Pichel (Alén, Lalín, 1947) toma o relevo para traer as letras a este espazo e continuar a propiciar debates. Será o vindeiro luns 9 de maio, ás 20:00 horas, baixo o nome de Poesía e parrafeo, cando Luz Pichel procederá á lectura de varios dos seus textos para abrir despois un coloquio posterior. A entrada é libre.

Ler máis
Compartir: