EDUCACIÓN E CIDADANÍA

Cheo no Auditorio para presenciar a XI edición do certame "Compostela en Danza"

30/05/2016

A Sala Ángel Brage do Auditorio de Galicia acolleu este domingo a XI edición do certame intercentros Compostela en danza, unha experiencia de dinamización cultural que achega o mundo da danza aos escolares de entre 3 e 18 anos. Nesta edición participaron 207 bailaríns e bailarinas, que deleitaron ao público que encheu o recinto.

Ler máis

MEDIO AMBIENTE

Actividades para toda a veciñanza no Día Mundial do Medio Ambiente

30/05/2016

O 5 de xuño celébrase o Día Mundial do Medio Ambiente e o Concello de Santiago ten preparado un amplo programa de actividades para conmemoralo. O concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, presentou hoxe as accións previstas, que se desenvolverán en colaboración con Viaqua, Ecovidrio, Ferrovial, o Centro de Interpretación Ambiental de Belvís e o Museo de Historia Natural da Universidade de Santiago.

Ler máis

CONSORCIO

A gaiteira Cristina Pato pecha a temporada da Real Filharmonía de Galicia coa estrea de "Viúvas de vivos e mortos"

30/05/2016

A Real Filharmonía de Galicia pon esta semana o broche final á súa tempada de abono con tres concertos. O primeiro será o xoves no Auditorio de Galicia, ás 21:00 horas. O venres, a orquestra desprazarase a Vigo, onde actuará no Teatro Afundación ás 20:30 horas. E o sábado tocará ao aire libre no compostelán Parque Eugenio Granell, ás 12:30 horas, para o público máis novo e para as familias, dentro do ciclo Descobre unha orquestra para ti, a túa!. Neste último concerto, as...

Ler máis
Compartir: