POLÍTICAS SOCIAIS

O Goberno local duplica as contías das bolsas de comedor escolar para o vindeiro curso

25/05/2016

A concelleira de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde, Concha Fernández, presentou esta mañá a convocatoria para a concesión de bolsas de comedor, adquisición de material escolar e realización de actividades extraescolares para o alumnado dos centros públicos e concertados sostidos con fondos públicos de Educación Infantil e Primaria do Concello de Santiago.

Ler máis

TURISMO

Área Central acolle esta fin de semana a terceira edición de "Caravaning Compostela"

25/05/2016

A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, presentou a terceira edición de Caravaning Compostela, que se celebrará os días 27,28 e 29 de maio na praza de Europa, en Área Central. Estivo acompañada do xerente do centro comercial, José Rafael Martínez, e do presidente da Asociación Galega de Autocaravanas, Francisco Pena, que ofreceron os detalles dun evento que reunirá durante tres días máis de 40 vehículos, entre caravanas, autocaravanas e carros-tenda das...

Ler máis

CONVIVENCIA

O Concello de Santiago habilita tres áreas de aparcamento para residentes en horario nocturno na zona histórica

25/05/2016

O concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, anunciou hoxe a creación de tres bolsas de aparcamento para residentes na cidade vella, en resposta a unha vella demanda dos colectivos veciñais da zona histórica. Serán áreas nas que os residentes poderán estacionar en horario nocturno, dende as 20:30 horas da tarde ata as 8:30 horas da mañá en días laborables, e ata as 10:30 horas en festivos.

Ler máis

CONSORCIO

Expertos en eficiencia enerxética defenden o uso da madeira nas vivendas debido ao seu alto grao de illamento térmico

25/05/2016

Baixo o lema Rehabilita con enerxía!, o Consorcio de Santiago está a celebrar ao longo desta semana, no primeiro andar da Galería Sargadelos, varios talleres participativos para que os cidadáns melloren a xestión enerxética nas súas vivendas, en colaboración coa Concellaría de Educación e Cidadanía do Concello de Santiago. Esta iniciativa enmárcase no programa europeo EFFESUS -Eficiencia enerxética para a sostibilidade dos centros históricos europeos-. O Consorcio é un dos 23...

Ler máis
Compartir: