MEDIO AMBIENTE

O CIAC programa un obradoiro de cosmética natural e un roteiro polas Brañas de Sar

04/04/2016

Despois da celebración da fin de semana das árbores, o Centro de Interpretación Ambiental de Compostela (CIAC) continúa as súas actividades do mes de abril, no que recibirá varios grupos de escolares e universitarios/as. Tamén ofrece un Obradoiro de Cosmética Natural (o sábado 16 ás 17:00 horas), e un roteiro polas Brañas do Sar (o sábado 30 ás 12:00 horas).

Ler máis

ALCALDÍA E MEDIO AMBIENTE

O Concello e o Museo de Historia Natural da USC retoman a súa colaboración

04/04/2016

O alcalde, Martiño Noriega, e o reitor da Universidade de Santiago, Juan Viaño, asinaron hoxe no Pazo de Raxoi un convenio polo que o Concello e o Museo de Historia Natural da USC se comprometen a colaborar en actividades de divulgación científica sobre o medio ambiente. No acto tamén participaron a directora do Museo, María Isabel Fraga, e o concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro.

Ler máis

DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO E POLÍTICAS SOCIAIS

"Reinventio Compostela", historias de reinvención persoal no ámbito do emprego

04/04/2016

As concelleiras de Desenvolvemento Económico, Marta Lois, e de Políticas Sociais, Concha Fernández, presentaron Reinventio Compostela. Historias de reinvención persoal, evento que terá lugar o mércores 6 de abril, ás 20:30 horas, na cafetería Airas Nunes. As concelleiras estiveron acompañadas de tres compoñentes de XerAcción XV, grupo organizador de evento, Chus Gómez Ruso, Emmanuel Kojo Yawson e Chus Prol.

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

Juan Mayorga, finalista dos Max, presenta a súa obra no Teatro Principal, no mes no que se celebra o 175º aniversario do recinto

04/04/2016

A concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, presentou esta mañá a programación cultural de abril, mes no que celebramos o 175º aniversario do Teatro Principal. Teremos a Juan Mayorga na cidade para falar do seu teatro, tras ser nomeado finalista dos Premios Max a mellor autoría teatral, e poderemos ver dúas obras súas: Famélica e Reikiavik, esta última tamén finalista dos Max, a mellor espectáculo de teatro.

Ler máis

CONSORCIO

O mestre alemán Christoph König dirixe esta semana a Real Filharmonía de Galicia

04/04/2016

A Real Filharmonía de Galicia celebra o seu concerto semanal de abono este xoves, 7 de abril, no Auditorio de Galicia, ás 21:00 horas. Ao día seguinte, o venres 8, a orquestra desprazarase a Ferrol, onde actuará no Teatro Jofre ás 20:30 horas. En ambas as actuacións levará a batuta o mestre alemán Christoph König, principal director convidado da Real Filharmonía de Galicia. O concerto de Santiago retransmitirase en directo por streaming a través da web da orquestra (www.rfgalicia.org) e das redes sociais.

Ler máis

CENTROS SOCIOCULTURAIS

Ábrese a inscrición para a viaxe á Costa Ártabra do programa "Imos de excursión"

04/04/2016

Dende as 17:00 horas deste martes, 5 de abril, estará aberto o prazo de inscrición na terceira das viaxes do programa Imos de excursión 2016. Os interesados poden así reservar praza para unha viaxe á Costa Ártabra prevista para o domingo 24 de abril. A inscrición pode formalizarse presencialmente nos centros socioculturais. Na reserva de prazas, que son limitadas, teñen preferencia os empadroados en Santiago.

Ler máis
Compartir: